Cociñando “bicos” na Biblioteca de Aldán
Dúas cociñeiras moi tolas, viñeron a contarnos un conto sobre os amores imposibles, mentras tanto, ensinaron a cativos e maiores a cociñar “bicos”.

Dúas cociñeiras moi tolas, viñeron a contarnos un conto sobre os amores imposibles, mentras tanto, ensinaron a cativos e maiores a cociñar “bicos”.

Paco Nogueiras fixo brincar a cativ@s e maiores co seu Brinca Vai! Durante máis dunha hora, o pasado martes 26 de maio (18:00h.), este fantástico artista, non permitiu que ninguén se quedase parado. Nen tan sequera as altas temperaturas, desanimaron ao numeroso público asistente, non cabía unha agulla.
O pasado luns 21 de abril, a compañia de Títeres Cachirulo, fixo desfrutar a maiores e cativos, cunha fantástica adaptación deste conto clásico. Cheo total!
O pasado venres 25 de abril co gaio da celebración do “Día do Libro”, cativ@s e maiores desfrutaron da fantástica posta en escea da compañía Barafunda Animación.
Co gaio da celebración do Día da Poesía , o artista Carlos Coira fixo as ledicias de cativ@s e maiores cun fantástico espectáculo de maxia, teatro e poesía, onde a palabra foi a protagonista.
O pasado 23 de setembro, a compañía “Elefante Elegante” fixo as ledicias de cativ@s e maiores con este estupendo espectáculo de animación. Grazas por esta viaxe Gonçalo!!!
Actividade desenvolta o luns 20 de maio no marco da programación do Día das Letras Galegas. Unha vez máis, Raquel Queizás deleitounos cun espectáculo de contos, convidándonos a viaxar polo mundo adiante para amosarnos as diferentes culturas. Os cativ@s interactuaron dende o primeiro intre de todas as historias e lendas relatadas.



Séguenos