Manuel María entre amigos, con Xardín Desordenado na Biblioteca Central de Cangas
Homenaxeamos ao autor ao que se adica o Día das Letras Galegas cunha actividade na que Xardín Desordenado interpretou cancións compostas sobre textos do poeta.

Homenaxeamos ao autor ao que se adica o Día das Letras Galegas cunha actividade na que Xardín Desordenado interpretou cancións compostas sobre textos do poeta.

Conmemorando o Día Internacional do Teatro, celebramos na Biblioteca a actividade “A Lanterna máxica”, un obradoiro creativo e audiovisual cun grupo de mozos e mozas de catorce anos, no que mesturouse literatura, teatro e cine cun resultado espectacular e moi divertido.


O 16 de outubro, unha ratiña de Lonxedetodo visitou a nosa Biblioteca, e cantando e contando contos aderezados e confeccionados coma unha carta de restaurante, fixo desfrutar a nenos e acompañantes dun rato entrañable.
Ao finalizar todos e todas querían fotografiarse con Lilí Gruyere e os platos do seu menú.
Desfrutamos cos ‘Contos ao revés’ de Xanela Ocio, nos que deron a volta aos roles dalgúns contos e relatos moi coñecidos, traballando con empatía e efectividade a igualdade de xénero.

O 23 de abril celebramos o Día do Libro cunha escenificación dos contos “Ajdar” e “Papamedos” , de Nanoteatro, nos que mexturaron conto, teatro e música, facendo desfrutar enormemente ao público.
Divertidísima sesión de contacontos para rapaces de nove anos a cargo de Pablo Sánchez. Contos propios e orixinais de diversas facturas e algún deles acompañado con instrumentos singulares que fixeron a delicia dos asistentes.


Na Biblioteca Central de Cangas celebramos o Día a Biblioteca cunha sesión de contacontos a cargo de Fátima Fernández, que fixo desfrutar a xente menuda e adultos con “Érase unha vez uns zapatos…”
O 23 de abril conmemoramos o Día do Libro coa representación de “O libro da selva” por Títeres Cachirulo. Rapaces do colexio Compañía de María de Cangas e o público que veu libremente desfrutaron dunha estupenda adaptación da obra de Rudyard Kipling.


O 21 de marzo celebramos o Día da Poesía cun grupo de rapaces de Secundaria do IES Montecarrasco. Sole Felloza realizou un precioso viaxe poético na procura do descubrimento da realidade poética que está no camiño vital das persoas.


O 14 de xuño na Biblioteca Central de Cangas, Chus Otero deleitounos con tres contos para nenos pequenos.


Séguenos