A GALIÑA DOS OVOS DE CONTO ACHEGOUSE A BIBLIOTECA DE MOS
Aunamos literatura e plástica e con elo os rapazas e rapaces de Mos elaboraron bonecos dos personaxes dun conto que inventaron coa axuda da galiña Rosiña

Aunamos literatura e plástica e con elo os rapazas e rapaces de Mos elaboraron bonecos dos personaxes dun conto que inventaron coa axuda da galiña Rosiña


dESPOIS 
Para celebrar o día do libro os nenos/as participantes neste obradoiro aprenderon a debuxar sen saber. Con puntos, líneas e paréntesis, e facendo unha mezcla con todos eles, decoraron unha libreta!!!
Fantástico obradoiro audiovisual, o cal, os/as nenos/as participantes tardaran moitísimo tempo en esquecer!!!

O sábado 24 de setembro os nenos e nenas que se acercaron a biblioteca pública municipal de Mos poideron, logo dunha pequena proxección, crear o seu propio fósil de dinosauro.
Fantástica mañan acompañados da compañía Maumarela!





No día do libro o colectivo de disminuidos físicos e psíquicos (ASODIFISI) visitaron a Biblioteca Pública de Mos para, a través do obradoiro “As letras na gaiola”, achegarse a lectura dun xeito diferente.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
O sábado 24 de outubro, para festexar o ” DÍA DA BIBLIOTECA”, chegaron a Mos o Cociñeiro Antón e a Pasteleira Tomasa. A modo de teatro fixeron os nenos-as asistentes partícipes da súa romántica historia de amor. Para rematar estimularon a creatividade dos cativos-as cun obradoiro de pasta de azucre, aprendéndolles a decorar magdalenas coa novedosa pasta de azucre “fondant”.




Grazas á Asociación Cultural Morreu o Demo os Colectivos con necesidades especiais do noso Concello gozaron dunha grande tarde. Participaron no “Obradoiro de títeres en igualdade” creando monicreques e propoñendo solucións non violentas para ao final representar un fantástico “teatriño”






Os nenos e nenas participantes neste obradoiro sentíronse artistas por un día. Transformaron verduras, froitos secos e ata cogomelos (aproveitando de paso as Xornadas Micolóxicas) nos seus personaxes preferidos.
Unha boa forma de festexar o Día das Letras Galegas cos nenos/as de 4 a 12 anos foi visitar o sábado 10 de maio a biblioteca de Mos e alí xogar a crear unha paisaxe collage descubrindo a poesía “Esmeralda” de Diaz Castro. Cortamos, pegamos e pintamos versos en galego, euskera, aranés, filandés…


Séguenos