Escape Room na biblioteca de Pontecesures!
Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas cunha actividade moi especial, “Escape Room: Os misterios da biblioteca”, da man de Antonio de Ludus Formación e Lecer.
Os rapaces e rapazas pasárono en grande mentres poñían a proba o seu inxenio e espírito de equipo para resolver os enigmas agochados entre os libros.
Con esta proposta poñemos o broche final ao programa “Outubro: o mes das bibliotecas”, que favoreceu a participación e o achegamento dos máis novos á biblioteca.




























Séguenos