Cóntame un cine
A cinecleta chega a biblioteca. Proxecto de achegamento á cultura cinematográfica e a divulgación ambiental dos fondos mariños.




A cinecleta chega a biblioteca. Proxecto de achegamento á cultura cinematográfica e a divulgación ambiental dos fondos mariños.




Contamos en igualdade de Eduvía Xestión Cultura e Lecer S.L., trouxo con Patricia Martínez Rodríguez, á Biblioteca de Pontecesures contos para facer reflexionar ós nenos e nenas sobre temas como a equidade e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a violencia de xénero, a corresponsabilidade e a diversidade social, cultural e funcional.


Andrea Barreira Freije trouxonos un obradoiro de terroríficas historias, para achegarnos a literatura de terror a través da lectura e da escritura. Lectura de distintas obras de autoras deste xénero deixando claras ás características desta literatura e logo escribindo un relato de terror, donde, ou ben creamos un personaxe de terror ou buscamos na realidade os nosos medos.




Carballo con botos (Anxo Avelino Moure Mosquera), trouxonos unha morea de contos de lobos, historias que sementan o coñecemento da fauna dos nosos montes para aprender a coidar a natureza.




Contos ilustrados con cancións da colección Sonárbore de Galaxia, “Un conto ao revés” e “Monstros. Con ou sen consentimento”. Procúrase que os nenos e nenas aprendan a mirar os contos de diferentes xeitos, dende diversos punto de vista
Ana Hermida de Lisístrata traenos uns monicreques maravillosos… Pitusiña e unha nena arrichada que sinte o galego, pensa, fala e xoga en galego. Decide facer unha viaxe pola historia de Galicia onde atopará persoeiros que lle farán entender o porqué de moitas cousas (Rosalía, Castelao…).
Asistiron nenos e nenas de 1º de Educación Primaria do C.P.I. de Pontecesures.
Rematada esta actividade visitamos a exposición de mural O tren de Varela, no clube xuvenil que está a carón da Biblioteca. O mural, pintado pola Escola de Pintura da Asociación A Barcarola é unha reprodución dunha foto antiga que representa o paso do tren de Varela, coa súa locomotora Sarita pola ponte de ferro sobre o Ulla en Pontecesures.
A Bibliotecaria explocoulles un pouco de historia do ferrocarril na nosa vila, a vía de ferro máis antiga de Galicia:Carril-Cornes inaugurada no 1887

Relato de contos para traballar diferentes valores: convivencia e igualdade, o respecto polo medio ambiente e a cooperación sin deixar de lado a promoción do hábito lector.
Asitiron nenos e nenas de 2º de Educación Primaria do C.P.I. de Pontecesures.
Despois visitamos a exposicón o Tren de Varela, mural pintado pola Escola de Pintura da Asociación a Barcarola no clube xuvenil, colindante coa Biblioteca. O mural reproduce una fota antiga do paso do tren de Varela pola ponte de ferro sobre o río Ulla en Pontecesures, coa súa locomotora Sarita. A Bibliotecaria contou un pouco de historia da liña de ferro que pasa polo pobo e que foi a primeira de Galicia: Carril-Cornes inaugurada no 1878.


O alumnado de 4º de Primaria do C.P.I. de Pontecesures asisteu a esta actividade na Biblioteca. Xogos de pistas para aprender como funciona a Biblioteca: onde atopar as diferentes materias. Si non sabemos preguntaremos o persoal bibliotecario.
Uso do catálogo, para que serve una sinatura…
Logo visitamos o mural o Tren de Varela, pintado pola Escola de Pintura da Asociación a Barcarola. Reproducion dunha foto antiga do paso do tren de Varela, coa locomotora Sarita pola ponte de ferro sobre o río Ulla en Pontecesures. A bibliotecaria contoulles os nenos e nenas un pouco da historia do tren na nosa vila. A nosa vía de ferro é a máis antiga de Galicia: Carril-Cornes inaugurada no ano 1878


Actividade de Ler conta moito para alumnos de 6º de Educación Primaria do C.P.I. de Pontecesures. Asistiron 35 nenos/as.
Mañán maravillosa escoitando a Fátima, que conta coma ninguén… Contos de tradición oral e escrita, relatos de mulleres que mesturan as risas cos choros e que tiveron que enfrontarse a unha sociedade que as trataba dun xeito diferente.
Rematada esta actividade fixemos unha visita o mural “O tren de Varela”, pintado polos/as alumnos/as da escola de pintura da Asociación A Barcarola de Pontecesures. O mural é unha reprodución dunha foto antiga do paso do tren de Varela pola ponte de ferro no río Ulla. A locomotora era a Sarita. Esta foi a primeira línea de ferro de Galicia (Carril-Cornes) inaugurada no ano 1873



Asistiron a esta actividade 22 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do C.P.I. de Pontecesures. Fixemos dous grupos polas características da actividade. Mentras un grupo asistía a esta actividade o outro visitaba un mural nun local casi anexo a Biblioteca e viceversa. Os experimentos científicos consistiron na construción dunha pila con tres limóns: orixe da enerxía e a produción de electricidade limpa.
O segundo experimento consisteu na extracción dos aceites esenciais das plantas aromáticas cun alambique para obter un perfume.
O terceiro explica e da unha visualización a tensión superficial que rodea os líquidos
En todos estos experimentos os alumnos e alumnas participaron moi activamente
A metade dos alumnos/as, en canto os seus compañeiros facian os experimentos, foron visitar o mural feito pola Escola de Pintura da Asociación A Barcarola. A partir dunha fotografía antiga pintaron un grande mural no clube xuvenil (nunha parede) que representa o paso do tren de Varela pola ponte de ferro en Pontecesures, sobre o río Ulla e coa locomotora Sarita. Esta foi a primeira línea de tren en Galicia: Carril- Cornes.


Séguenos