23/04/2016
Os días 15 e 16 de marzo, dentro do programa “Ler Conta Moito”, en colaboración coa Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria e organizado pola Concellería de Cultura e Muller do Concello de Pontecesures, levamos a cabo unha sesión de contacontos e un obradoiro dentro dos actos que este ano facemos en torno o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora
Estaba dirixido ós nenos de primeiro e segundo de primaria. Ambas actividades foron presentadas e desenvolvidas por Cris Son Eu, bibliotecaria e animadora cultural, que se meteu ós rapaces no bolsillo. Contamos contos, falamos das cores, (sobre todo do rosa e o azul, vós xa entendedes) cantamos e bailamos. Finalmente, fixemos unha pequena manualidade para levar a casa
Un dos obxetivos prioritarios tanto do Concello, como da Concellería de Cultura, e loitar pola igualdade entre homes e mulleres. Por iso pensamos que, dende ben pequenos, hai que educar ós nosos rapaces na igualdade e loitar contra tópicos arraigados na nosa cultura que, ás veces , transmitimos ós nenos sen darnos conta. A educación que, con verbas, xeitos e demáis, proporcionamos na casa, é fundamental no desenrolo dos nosos pequenos. Por iso, loitemos dende o principio para que, nun futuro próximo, os nosos rapaces lembren estas actividades como algo propio do pasado
Agradecer a Teresa Gil, a nosa bibliotecaria, o apoio e tempo que nos brinda nestes eventos e a Cris por volcarse cos rapaces do xeito que o fixo.
Séguenos