Xan Perillán e a maleta máxica en Cordeiro
As nenas e nenos coas súas familias asistiron o venres ao espectáculo que puxo en escena a compañía Monicreques de Kukas, e no que se misturaron diferentes disciplinas teatrais e artísticas coma o clown, a pantomima, a maxia e a manipulación de marionetas. A obra estivo protagonizada por Marcelino de Santiago, que encarnou a Xan Perillán, un home afortunado ao que lle tocou unha viaxe a Pernambuco, un lugar que tivo que atopar coa axuda dos nenos do público e da súa maleta máxica.
.






Co cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa fixemos unha viaxe ao redor do Mundo na busca do chicolate más rico para facer unha receita de premio. Vivimos moitas aventuras e ao final fixemos a receita máis doce e saborosa.













Séguenos