ESTREAMOS O NOVO TRAXE DO REI NA BIBLIO DE ALDÁN
Afartámonos de rir cos gustos textís da sua Maxestadade…

Afartámonos de rir cos gustos textís da sua Maxestadade…

O pasado martes, 24 de outubro, co gaio da celebración do Día das Bibliotecas contamos coa visita dun frautista moi especial…
Moc Moc clown que con malabares e outros equilibrios, con risas e historias contounos ” A verdadeira Historia de Hamelín”; adeus ratos!
Tarde divertida de contos para celebrar o noso día.



O mércores 25 de outubro tivemos en Darbo (Cangas) este obradoiro de globoflexia, realizado por Ian e Elisa.
Despois dunha espectacular sesión de maxia, as persoas asistentes aprenderon a realizar diferentes figuras con globos.
Foi unha actividade moi amena e participativa.
Xogos de maxia cos que se puxeron de manifesto as diferenzas das persoas dende un punto de vista divertido e ilusionante
.

De novo volve a ilusión da maxia ao no noso Concello, os máis cativos desfrutaron dunha tarde máxica.

Aventuras, fantasía e contos sorprendentes que fomentaron a curiosidade e imaxinación dos máis cativos.

Obradoiro “Xogo teatral con elementos naturais” no que se lles achegou á rapazada a esencia da educación ambiental.

ABA VEU VIAXANDO NO SEU BARCO PIRATA PARA CONTARNOS HISTORIAS TERRORIFICAS. ELA NON LLE TEN MEDO A NADA E VEU CONTARNOS AS SÚAS HISTORIAS DE AVENTURAS. PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PARA ROMPER OS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO.
O 25 de outubro, Marisa Irimia mostrou a súa impecable traxectoria narrativa ante un público moi numeroso que foron os alumnos de Primaria do CEIP Avelino Díaz de Meira. Un espectáculo moi atractivo ” O libro dos pós máxicos “. Foi unha xornada moi enriquecedora na que os nenos desfrutaron desta emocionante creación narrativa que vai da man dunha gran creadora escénica.

O martes 24 de outubro, levouse a cabo con motivo do Día das Bibliotecas a actividade “Desprega a túa imaxinación”, que consistiu nun taller de manualidades baseado nos libros pop-up.
Unha actividade divertida na que deron renda solta á súa creatividade ao tempo que pasaron unha tarde moi agradable.



Séguenos