“A ciclobiblioteca” na Biblioteca municipal de Ortigueira “Juan Fernández Latorre”
Onte aprendimos a coidar o planeta coa ciclobiblioteca de Anxo Moure.

Onte aprendimos a coidar o planeta coa ciclobiblioteca de Anxo Moure.

Dento do programa de obradoiros “Semente de Igualdade” que se está a levar a cabo no Concello de Viana do Bolo, onte contamos coa visita da escritora Andrea Barreira, quen nos achegou unha historia moi especial, a da aviadora Amelia Earhart!!
Onde está Amelia Earhart? é un obradoiro-contada que nos permitiu descubrir a vida desta aviadora, rompendo así os roles de xénero.
Falamos sobre a súa historia, conformamos o noso propio clube de aviación, deseñamos e decoramos os nosos propios avións de papel. Por último, detrás da estela de Earhart, cada participante debuxou o lugar onde pensa que está a aviadora para, finalmente, construír elaborar un mapa coral.
Unha actividade moi entretida e divertida que nos levou a épocas e lugares descoñecidos!!

Dento do programa de obradoiros “Semente de Igualdade” que se está a levar a cabo no Concello de Viana do Bolo, o luns tivemos unha visita moi especial…
Acompañounos Anxo para mostrarnos e demostrarnos que con tan só papel de cores e tesoiras podemos realizar unha orixinal representación de títeres…
Partindo do conto tradicional de “Gran de Millo” a rapazada debía adaptar ese conto e cambiar non só as personaxes senón tamén os distintos roles masculinos e
femininos das mesmas, as diferentes tramas, os escenarios da historia, etc.
Ao final os distintos grupos realizaron a súas representación diante dun público moi atento e agradecido!

Dento do programa de obradoiros “Semente de Igualdade” que se está a levar a cabo no Concello de Viana do Bolo, contamos o pasado venres 30 de xuño coa presenza da ilustradora Estefanía Padulles, quen ensinou a nenos e nenas a diferenza entre debuxar e ilustrar, a importancia da creatividade e o estilo propio á hora de debuxar, e unha morea de ideas sobre cómo sacar o noso lado máis artístico.
Tamén coñecimos a importantes mulleres que por diversos motivos fixeron historia (Rosalía de Castro, María Merian, Ada Lovelace, etc.)
Ao final da actividade nenas e nenos debían realizar unha ilustración dunha muller de referencia nas súas vidas e convertila na súa particular superheroína!!
Con esta actividade reflexionamos sobre o papel das mulleres que nos rodean e de cómo cada unha delas ten moitos “superpoderes”!

Dento do programa de obradoiros “Semente de Igualdade” que se está a levar a cabo no Concello de Viana do Bolo, contamos o pasado xoves 29 de xuño con unha actividade moi divertida e creativa na que a rapazada deseñou as súas propias chapas!!
Os deseños estaban relacionados coa igualdade e o respecto e cada un dos/as participantes levou para súa casa unha morea de coloridas chapas.

O pasado xoves día 29 de xuño, dentro do programa “A Biblioteca de Verán da Bola”, Xoan Curiel ensinou a grandes e crianzas como montou a súa banda de verán, entre anécdotas e cancións divertidas e moi fresquiñas para esta época estival á que deu paso o remate do curso lectivo e que todas as familias están desexando disfrutar. Foron varios os rapaces e rapazas que se animaron a cantar e tocar con Xoán, e tamén algunhas nais! Pasamos unha tarde moi familiar e agradable 🙂

O 22 de xuño disfrutamos na Biblioteca de Riotorto dos “Contos Animados” de Carballiños contados por Manuel Solla.

Os Carballiños. Manuel Solla
O pasado 22 de maio, Caxoto visitounos por segunda vez na Biblioteca de Riotorto, esta vez co seu espectáculo “coas máns na masa”.

Coas máns na masa
O venres 30 de xullo, achegouse a Praza do Concello Trécola Teatro, para contarlle aos nenos as historias dun león moi curioso que nos vai deleitar cun circo. O león está triste, pero unha nenadecide liberalo e axudalo para que poida regresar coa súa familia a África.



A actividade está dirixida a persoas interesadas en descubrir, preservar e divulgar a historia persoal e/ou familiar,
deixando as xeracións máis novas o seu legado, para que non se perdan os lazos familiares, evitando o
esquecemento das suas historias personais.



Séguenos