COROCHAS DE XAROPE TULÚ NA BIBLIOTECA DE ROIS
Cómo gozamos con Atenea de Xarope Tulú, a través dos contos, bailes e cancións! Xogamos e viaxamos por diversas paisaxes e coñecimos personaxes estrafalarias que deberon resolver múltiples enredos!
Cómo gozamos con Atenea de Xarope Tulú, a través dos contos, bailes e cancións! Xogamos e viaxamos por diversas paisaxes e coñecimos personaxes estrafalarias que deberon resolver múltiples enredos!
Hoxe na Casa da Cultura de San Pedro os rapaces (é os non tan rapaces) puideron desfrutar de un obradoiro de robótica educativa coas pezas de Lego WeDo 2.0. Experiencia que afirman queren repetir decontado.

O domingo 22 de maio tivemos a visita do experto en xestión de residuos, o barrendeiro municipal, para axudar aos mais pequenos a coidar o medio ambiente. Pasamos unha tarde con música e contos na que todos/as participamos nas historias que contou este entrañable personaxe. Coas súas historias descubriulle aos mais pequenos como poden axudar para que o noso entorno este coidado e o poidamos disfrutalo.

Obradoiro. Os nenos convírtense en autores do seu propio libro.Fan un album ilustrado e saen co seu propio conto baixo o brazo. Actividade esta que tivo moita aceptación.
Trémola Teatro estivo o venres 20 de maio na Biblioteca Municipal de Ordes. “A nena que se comía os contos” resultou ser unha historia marabillosa e divertida. O público con ganas de repetir. O grupo magnífico! Facendo biblioteca!


Co gallo do Día das Letras Galegas 2022 organizamos no Concello de Vilanova de Arousa unha actividade a través da cal os máis pequenos puideron sumerxirse no cancioneiro tradicional galego, achegándose ao patrimonio inmaterial da cultura galega.

Pais e nen@s disfrutaron dun espectáculo moi dinámico cargado de humor e cancións e ditos que non deberan perderse nunca!

O contacontos de hoxe na Casa de Cultura de San Pedro foi un exito absoluto. Os nenos das escolas unitarias estiveron encantados de cantar as cancións nas que iban colaborando entre eles e participando a cada momento.

Esta actividade é unha proposta de animación á lectura onde, grazas aos poemas de Florencio Delgado e á técnica dos caligramas cada participante deseñará a sua propia bolsa de tea contribuíndo deste xeito à sensibilización ambiental e á creación de conciencia medioambiental entre os máis novos.

A través dunha técnica artística antiga , as participantes deste obradoiro crearon unhas preciosas figuras, nas que non faltou a alusión á lectura.
![]()
Contacontos tradicional contando co libro e a expresividade de Sara.
Poucos elementos pero moi ameno para o pequeno público




Séguenos