O Libro Vivo
Onte, luns 25 de outubro, puidemos disfrutar dos contos, da maxia, dos monicroques e de cancións, todo esto nun só espectaculo, O Libro Vivo.
Unha tarde de diversión e entretemento.


Onte, luns 25 de outubro, puidemos disfrutar dos contos, da maxia, dos monicroques e de cancións, todo esto nun só espectaculo, O Libro Vivo.
Unha tarde de diversión e entretemento.



Venres 8 de outubro no xardín da Biblioteca, basada no libro “Una historia fantástica. El amor contado a los niños” viaxamos a Grecia clásica e reflexionamos sobre o amor e o relacionamento, mediante a narración e a música
A señora Antonia chegou á biblioteca de Aldán co seu sombreiro picudo, nariz afiada, verruga no rostro, a costa encurvada, andar decidido e saia morada. E contounos unha chea de contos de bandidos, pantasmas, morcegos e almas, facendonos pasar unha tarde chea de humor, amor e terorrrrr.


O pasado venres, 22 de outubro, Pablísimo trouxo a Carnota O arquivo do chibo, un espectáculo do máis enxeñoso que, cunha coidadísima e orixinal posta en escena, recrea e actualiza contos e personaxes tradicionais, ben coñecidos por todos nós.
As diferentes escenas vanse sucedendo nun teatriño con múltiples xanelas, a modo de viñetas, combinando narración oral, teatro de sombras, monicreques, xoguetes e unha infinidade de obxectos que nos atrapan de comezo a fin.
Máis que recomendable!


Proposta educativa que pretende achegar as nenas e nenos galegos outras culturas e realidades diferentes. Deste xeito pomos en valor a riqueza cultural e fomentamos unha mirada positiva cara o diferente.


O Mago Paco visitounos o venres 22 de Outubro e con él celebramos o día das bibliotecas. Foi unha mañá moi animada xa que , os nenos mostráronse moi participativos nos contos que tiña preparado e nos diversos xogos de maxía que intercalaba entre os contos.


Actividade participativa e divertida con música en directo.
A fada dos cabelos turquesa e Pepino traballaron, a través do conto de Pinocho, temas tan importantes como a amizade e a liberdade .
O venres 22 de outubro celebramos “Tardes de Contos e Lendas”. Estiveron con nós Xoán Curiel e o noso público favorito, os nenos e nenas que sempren fan biblioteca. Magnífica actuación!


Séguenos