Cóntame un cine
A cinecleta chega a biblioteca. Proxecto de achegamento á cultura cinematográfica e a divulgación ambiental dos fondos mariños.




A cinecleta chega a biblioteca. Proxecto de achegamento á cultura cinematográfica e a divulgación ambiental dos fondos mariños.




Como todos os nenos e negas saben, os Nortis son un seres imaxinarios moi especiais. Habitan no mundo da creatividade e o que máis aman son os libros!!! Estes seres axudan aos nenos e nenas a despertar a súa imaxinación a través de contos e lendas.
Juste Kamishibai é un artista dos teatriños de papel e, igual que os nenos, gusta de inventar figuriñas para atrapar a atención dos máis pequenos, que fican cautivos das súas historias, contadas a través de despregables pop-up, mecanismos móbiles e xogos de luces.
O martes 19 de outubro, XAROPE TULÚ nos presentou a súa actividade de “UTOPIAS: narración con obxectos”. Un espectáculo que combina a narración oral e a manipulación de obxectos, contando historias que fixeron a ledicia do público asistente.


Onte achegouse ata a Biblioteca Municipal de Zas Felipe Díaz, CAXOTO, co seu Contacontos para bebés titulado “Levántate Xan”, dentro da
programación de Outono da
s Bibliotecas Municipais. Aí van un par de imaxes…
O 20 de outubro MeRe Clown contoulles os nenos de Vimianzo “A verdadeira historia de Hamelín”. Utilizou malabares, equilibrios, acrobacias, clow… para facer un espectáculo moi dinámico e entretido



O día 19 de outubro os nenos de Vimianzo gozaron das historias de Artur Trillo: Rosa Caramelo, Bonobos con lentes, Artur e Clementina e outras historias



O pasado venres gozamos na Axencia de Lectura Municipal de Carnota dunha tarde repleta de contos en clave de igualdade, da man de Talía Teatro. Rosa Caramelo, e outras historias é un espectáculo teatral creado a partir dunha serie de contos contos de Adela Turín para lles dar unha volta aos roles e estereotipos de xénero. A historia dos bonobos con lentes, Artur e Clementina e Unha feliz catástrofe, integran esta montaxe, máis que recomendable para desmontar prexuízos sobre actitudes e aptitudes de mulleres e homes.
Contamos en igualdade de Eduvía Xestión Cultura e Lecer S.L., trouxo con Patricia Martínez Rodríguez, á Biblioteca de Pontecesures contos para facer reflexionar ós nenos e nenas sobre temas como a equidade e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a violencia de xénero, a corresponsabilidade e a diversidade social, cultural e funcional.




Séguenos