Contoaventuras no C.C. Xaime Illa de Raxó
O xoves 23 tivemos unha visita moi especial e unha chea de contos con Manuel Solla!
O xoves 23 tivemos unha visita moi especial e unha chea de contos con Manuel Solla!
Este venres, 24 de setembro, contamos coa presenza do contador Carlos Alba e a súa sesión de contos ” O que me contou a tía Caronda”, adaptacións de contos clásicos como Barbazul e Artur e Clementina; unha tarde divertida e entretida pero tamén formativa pois puidemos reflexionar a través das personaxes tradicionais dos contos sobre a igualdade de xénero e os seus diferentes roles masculino/ feminino.

O pasado día 17 de setembro tivemos a oportunidade de pasar unha boa tarde amenizada por Esperanza Mara coa súa actividade de arrolos e cancións para bebés de 0 a 3 anos, acompañados de estimulación sensorial. Actuación innovadora con moi boa acollida por parte de nais e pais.


O venres 24 de setembro estiveron na Biblioteca Municipal de Ordes. Todo un éxito. Música, contos, debuxo, arte…todo da man. Grazas ao grupo artístico e tamén ao noso público. Desexamos repetir!!! Facendo biblioteca!

O pasado venres 24 de setembro tivemos no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén a visita de AL GUANELLA co seu espectáculo “CONVERSAS CON TANA” ao que asistiron os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
Neste espectáculo teatral baseado na ventriloquía o granxeiro Al Guanella coa súa cadeliña TANA, mantiveron unha fluída e divertida conversa acerca de diversas cuestións caninas e humanas, na que se combinaron o humor, cancións, a ensinanza e a sensibilidade.
Grazas a AL GUANELLA e a súa cadeliña TANA por vir a Pazos de Borbén a ofrecernos un espectáculo tan participativo e divertido.
Ata a próxima.
O sábado 25 de setembro tivemos en Bergondo , este contacontos dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Pasamos un rato moi divertido!
Obradoiro creativo de podcast. O obradoiro consistiu en aprender a empregar as técnicas de teatro e dobraxe lendo en voz alta crear e gravar un podcast. O obradoiro tivo gran aceptación nos nenos de 10 anos que quedaron con ganas de ampliar coñecementos. Bo traballo de Damián Alonso.
Monicreques, Maxia, Animación, Clown e Música en directo. A historia comeza cun libro “ Máxico Xigante” nos cales aparecen fantásticos personaxes, que nos contan as súas historias, realizando maxia e algunha trasnada que outra.
Unha tarde de humor e moitas, moitas risas.
O venres 24, no auditorio do Concello de Nigrán, viaxamos, cantamos e contamos da man do ratiño Suso; pasamos un ratiño fabuloso.
O venres 24 de setembro na B. P. M. de Láncara tivo lugar a actividade Conto Xogo, que consistiu nunha sesión de contos e xogos para os máis pequenos, os cales pasaron unha animada tarde.


Séguenos