Fantasía Musical con María Faltri e Jorge Juncal na B.P.M. de Taboada

O día 15 de setembro, gran participación e diversión de nenos/as, co grupo musical de María Faltri e Jorge Juncal con moita música, persoaxes, baile, cancións, etc

O día 15 de setembro, gran participación e diversión de nenos/as, co grupo musical de María Faltri e Jorge Juncal con moita música, persoaxes, baile, cancións, etc
Onte á tardiña, Fuco uno dos ratos da aldea de Lonxedetodo , veu visitarnos á Biblioteca Concepción Arenal de Miño.
Contounos tres marabillosas historias de ratos, tamén nos ensinou cancións moi divertidas
Pasámolo xenial.

Momento máxico e xenial

Sempre atentos

Fuco fixo as delicias de grandes e pequenos
Onte ás cinco e media da tarde botaba a andar a programación de Ler Conta Moito na Biblioteca Central Municipal de Cambre. Dúcias de nenas e nenos puideron gozar dunha sesión de contos e cancións, a cargo de Fran Amil e o seu espectáculo “Contos de Chuches Amil”.



TIRULEQUE NO CARBALLIÑO
O 11 de setembro en Bergondo tivemos a oportunidade de asistir a este contacontos onde non faltaron contos, contos de micho, no que aprendimos moitas cousas sobre eles.
O martes 14 de setembro na Biblioteca Municipal da Laracha acollemos o show de maxía de Pedro Bugarín. Un espectáculo cheo de humor, no que a participación do público é esencial e a maxía é emocionante para os máis pequenos e non tan pequenos. O públio alí presente pasou unha tarde moi divertida ao par que emocionate.




O 7 de setembro ás 20:00 h no espazo cultural da Igrexa da Madalena tivemos un contacontos da man de Tarabelos, titulado “Debulendo lendas”.
Os nenos coñeceron as lendas de persoaxes históricos e ficticios, coma María Pita, os gamusinos, a Coca, Breogán, etc…, á vez que ían debuxando coa súa imaxinación aos persoaxes das historias.


Hoxe, 14 de setembro, na Axencia de Lectura Municipal de Baio (Zas), puidemos gozar do espectáculo de Bandullo Azul, “Filipa cos Contos”. Unha gran asistencia fixo da axencia un lugar bonito, no que se respiraba bo ambiente e se escoitaron (e participaron) nas historias que nos ofrecía cunha visión diferente de contos tradicionais.

O conta contos musical da Compañía Truque Matruque,lembrounos unha parte da obra poética de Rosalía de Castro,con pinturas, pasaxes e referencias musicais dos poemas máis representativos da Autora.
Actividade que mesturou diversión e aprendizaxe ,facendo partícipe ao público infantil e adulto.


O día 9 de setembro recibimos o “Mago Teto” cunha grande participación.
Grazas ós seus novos contos e por arte de maxia os contos foron acompañados de xogos, maxia e literatura.


Séguenos