TEATRO GHAZAFELHOS ENCANDILOU AO PÚBLICO DE XOVE
Escolares e mestres saíron esta mañá encantados da actuación de Teatro Ghazafelhos no salón de actos do Centro Cívico de Xove.
Escolares e mestres saíron esta mañá encantados da actuación de Teatro Ghazafelhos no salón de actos do Centro Cívico de Xove.
Tarde de aventuras e aprendizaxe con Carabranca na que o pasamos xenial!
O sábado 13 de setembro tivemos un espectáculo de maxia na biblioteca, coa maga Fani e o ilusionista Martín Camiña. Foi unha maneira diferente de transmitir emocións (sorpresa, asombro…), xerando ilusión na rapazada, que participou activamente.
Pasamos unha tarde de risas e aplausos, moi entretida, que nos encantou tanto aos grandes como aos pequenos.


Unha experiencia inesquecible para públicos de todas as idades. Ainda que foi dos primeiros dias de choiva.

Bolboretas, osos, cebras, leonas, monos e mesmo unha humana comparten a mesma ilusión : vivir nun lugar no que sexan libres. Por iso deciden escapar do zoo no que os animais están enxaulados e a humana traballa, en busca dese sitio.
Despois de moitas aventuras, acabarán atopándoo e mesmo entablarán unha bonita amizade con mostro rosa, monstro azul ou a xirafa sen voz.
Unha tenra e esperanzadora historia na que seres moi diferentes conseguen vivir en armonía.
O venres, 12, de 6 a 8 da tarde na axencia de lectura das Somozas comezamos o curso con boa letra disfrutando do obradoiro “debuxando letras” de Alba Farto.
Descubrimos as letras cursivas e redondas, os estilos e as familias de letras e como se fixo o primeiro alfabeto.
Gozamos dos pinceis, lapis e rotus, das cores!!… e quedamos con ganas de máis.




A pianista Olga Brañas musicaliza en directo a película de cinema mudo Sherlock Holmes. Grande espectáculo que encantou ós asistentes.
Neste obradoiro de maxia aprendemos sorprendentes trucos para comprender a importancia da igualdade de xénero na nosa sociedade.
O pasado sábado 13 de setembro a biblioteca de Narón converterase nun escenario cheo de misterio e emoción coa actividade Escándalo na biblioteca, un xogo de escape room para nenos e nenas a partir de 8 anos.
Durante esta aventura, os/as participantes convertéronse en detectives para resolver un estraño caso que sacudiu á Aula Marabilla do colexio Fantasía. O grupo viña á biblioteca para asistir ao espectáculo do Mago X, pero… algo saíu mal. A luz marcha varias veces e, de súpeto, todo está revolto!
As nosas pequenas e pequenos detectives puxeron a proba a súa mente e traballaron en equipo para resolver o misterio. 🧠✨Unha vez máis, a experiencia demostrounos que non é bo deixarse levar polas aparciencias. 😉

Construccións 3D hoxe na biblioteca de Esgos con Palitroques.
O tamaño das estructuras obrigounos a sacar os palitroques á porta da biblioteca.

Unha actividade en equipo que repetiremos!





Séguenos