Obradoiro de mochilas de tea (O faiado de Nin)
O sábado 27 de setembro un grupo de nenos e nenas de Oroso deseñaron e confeccionaron fermosas mochilas de tea.
O sábado 27 de setembro un grupo de nenos e nenas de Oroso deseñaron e confeccionaron fermosas mochilas de tea.

O venres 29 de setembro Barafunda presentounos, na Axencia de Lectura de Domaio, Os Ourizos, o musical, unha obra de teatro musical de monicreques dirixido ao público familiar. Unha actuación que gustou moito e onde a rapazada puido cantar e bailar.

O gran ilustrador Xosé Tomás visitou a Biblioteca Municipal de Padrón.
Este pasado venres 26 de setembro comezamos unha serie de actos que enmarcamos dentro da celebración do mes da biblioteca. Estreámonos coa actividade ” O lapis que non quería ir a escola”, que chegou da man de Andamiaxe e que fixo as delicias tanto de pequenos coma de non tan pequenos.
Da man de Rebeca, coñecemos a distintos materiais escolares (un lapis, unha goma, unha calculadora…) que nos presentan unha historia pensada para resaltar valores tan importantes como a colaboración, o respecto ou a empatía, fomentando así a convivencia.
Un espectáculo moi entretido que serviu para comezar a fin de semana da mellor maneira!


O venres, as nenas e nenos de San Pedro de Nós asistiron a unha sesión de maxia a cargo de Pedro Bugarín que fixo gozar a pequenos e maiores cos seus marabillosos trucos de maxia.

O vernes día 26 de setembro, visitounos Amelia, unha bibliotecaria moi especial. Cun obradoiro moi creativo, fixo que os rapaces pasaran unha tarde resolvendo enigmas na biblioteca. Unha actividade onde todos os rapaces estiveron toda a tarde buscando pistas para descubrir o enigma misterioso.
O venres 26 de setembro, Dani Blanco visitou a vila de Sarria co seu espectáculo “Circo na Biblioteca”.
Pasmounos cos seus malabares….que ben o pasamos!!

O Xoves, 25 de setembro, contamos na axencia de lectura de Meaño coa actución “As peripecias de Xurxo” a cargo de Malasombra. Xurxo asiste ó colexio de maiores donde sofre bulling, teñen unha reunión cos fillos das personas maiores para aclarar os ataques cara a Xurxo. A Xurxo cámbialle a vida cando descobre un novo amigo, un morcego co que disfruta e pasan por un montón de aventuras.


Ata a bibllioteca pública municipal de Guitiriz acheoguse Lorena de Biophilia Axencia Ambiental a falarnos das bondades da cosmética e limpeza ecolóxicas.
As persoas participantes aprenderon de primeira man de que están feitos os produtos cos que limpas a casa e o teu corpo, así como os seus efectos sobre a saúde e o ambiente.
E tamén descubriron as alternativas naturais que podes encontrar no mercado e como facelas na casa.

O venres 26 tivemos a visita das autoras do álbum ilistrado Monstr3s, que explicaron todos os pasos que hai que dar para facer un libro, cómo facer as ilustracións, cantas persoas fan falta para que o libro chegue ás nosas mans… E por suposto puidemos coñecer a historia que contén Monstr3s.



Séguenos