24/10/2019
O pasado día 3 de outubro contamos coa presenza, na BPM Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, dunha persoa moi querida para nós que, ademais, nos visita con moita frecuencia ao longo do ano. Falamos de Juste Kamishibai, Papel e Teatro, con quen xa temos contado en anteriores ocasións.
Este ano, Juan e Mónica trouxéronnos un espectáculo con marionetas de papel para falarnos da igualdade e da loita contra a violencia de xénero. Coa axuda de despregables Pop-Up e do teatro de papel, Juste foille narrando aos nenos diferentes historias a través do personaxe da “fada Menta” que ten como obxectivo educar na igualdade e na diversidade.
Hai que salientar que estas historias están baseadas no libro de contos de Gemma Lienas titulado “Libro das emocións para nenos e nenas”. E que a autora autorizou expresamente a esta compañía para representar os contos do seu libro en Galicia.
Noraboa! a Juste e Mónica polas súas leccións de igualdade. Penso que a todos os participantes lles quedou ben clariño que “non hai cousas de nenos e cousas de nenas senón de persoas”.


Séguenos