FIOS E PAPEL NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ALFOZ
Os nenos/as que asistiron ao obradoiro creativo de fios e papel levado a cabo por “Teatro Marionetas Trécola” deron renda solta a súa creatividade para realizar a súa propia marioneta articulada.

Os nenos/as que asistiron ao obradoiro creativo de fios e papel levado a cabo por “Teatro Marionetas Trécola” deron renda solta a súa creatividade para realizar a súa propia marioneta articulada.

Pedro Bugarín deleitounos co seu novo espectáculo 4(Igualdade) Maxia de catro a catro, interactuando cos nenos e pais, en clave de humor.


Obradoiro de animación baseado no achegamento á ilustración despñois de escoitar a narración de contos. Quince nenos de ata 8 anos remataron a sesión elaborando a súa propia ilustración.



Na Biblioteca Municipal de Paderne, durante o dia de hoxe, os nenos e nenas que participan nas aulas de conciliación do verán puideron desfrutar dunha animada xornada , dentro do programa “Ler conta moito” levada a cabo polo Mago Pedro .
Durante a mañá os nenos foron partícipes deste obradoiro de maxia , no que non só aprenderon que os libros e a maxia están intimamente relacionados, senón tamén algúns trucos. Foron xogos con obxectos colidíanos e que poderán facer eles mesmos nas súas casas, sinxelos pero moi vistosos.
Foi preciso dividir ós asistentes en dous grupos para mellor aproveitamento da actividade. Sen dúbida unha animada e instrutiva mañá de maxia.
Este pasado luns día 12 de agosto, visitounos na Biblioteca de Riotorto “Carballo con Botas” co seu espectáculo “A pequena fábrica de corazóns de papel reciclado“.
Neste obradoiro- contacontos os máis pequenos comezaron a actividade reciclando papeis de xornal onde aparecían malas novas sobre a violencia de xénero para transformalas en corazóns de papel reciclado.
Acompañou este obradoiro cunha serie de contos solidarios interpretados con monicreques de artesania tecidos por cooperativas de mulleres dentro do comercio xusto con monicreques tecidos en Bangladesh, a India,Guatemala…defendendo o conto como ferramenta educativa, de sensibilización e loita para construír un mundo en harmonía co ecosistema e garante da xustiza social.
Carballo con Botas en Riotorto

Carballo con botas na Biblioteca de Riotorto


O venres 9, visitounos TrinkeTrinke, na ALM de Vilariño, os usuarios máis pequenos da biblioteca foron os destinatarios do espectáculo “Paxariños”. A artista conseguiu atrapar e manter a atención dos nenos e nenas ao longo de toda a obra. Para moitos deles era o seu primeiro contacontos e tendo en conta o ben que o pasaron, seguro que non será o último.
“As nosas historias” é un obradoiro moi participativo no que en todo momento os nenos e nenas puideron gozar da maxia do teatro de sombras e crear os monicreques baseados nun conto da nosa tradición oral.

Tratouse dun contacontos de igualdade, participativo no que os nenos acompañaron a Daniela na súa loita por converterse nunha auténtica pirata a pesar da oposición do capitán, que non permitía nenas no seu barco.
Os asistentes xogaron, cantaron e loitaron contra a desigualdade superando as mesmas sete probas ás que tivo que enfrontarse Daniela na súa aventura. Porque para ser un bo pirata hai que saber pescar, ser forte coma un carballo, rápido coma un lóstrego, sixiloso coma as serpes, non ter medo a nada, saber preparar unha boa sopa e atopar tesouros perdidos.





Hoxe tivo lugar na Axencia de Lectura Municipal de Riós, a atividade: A carteira de augas claras, á cal acudiron moitos pequenos e pequenas que recibiron unha importante mensaxe o respeto e a igualdade entre todos.



Séguenos