Ernesto Suárez na Biblioteca de Oseiro (Arteixo)

Música, danza e teatro encheron a biblioteca de Oseiro este pasado luns 22 de outubro.

Música, danza e teatro encheron a biblioteca de Oseiro este pasado luns 22 de outubro.
Onte celebramos o “Día da Biblioteca” con nenos de 3 a 10 anos. Un espectáculo de “Maxia e contos” a cargo de Manuel Solla, onde combinou a narración do conto a
“Princesa dos labios de fresa” con divertidos trucos de maxia que fixeron as delicias dos numerosos asistentes a este acto.
.

Este martes estivo cos nenos de 4º de primaria “D. Luís Seoane” da man de Crearte Servizos Culturais. O desenvolvemento da actividade permitiu achegar os nenos a figura de Luís Seoane e maís concretamente a súa obra. As diferentes artes estiveron conectadas nesta presentación.
Onte celebramos o “Día da Biblioteca” cos bebés de 0 a 3 anos. Recibimos a visita de A banda de Cornelia que nos trouxo un concerto cheo de música e contos cos que cantamos, bailamos…
As familias pasaron unha tarde moi divertida!!!



Nenos e nenas de Cervo construíron o seu superheroe e a súa superheroína na Biblioteca de San Ciprián. Entretida e didáctica a actividade.

Os nenos e nenas de Cervo fixeron a súa máquina de facer debuxos animados na biblioteca de Cervo. Moi entretida a actividade.


O domingo, 7 de outubro, os nenos e nenas de Cervo disfrutaron da obra dos Ghazafelhos e pasaron unha tarde entretida e divertida. Ademais de facer un recorrido pola historia da man dos protagonistas da obra teatral.
O día 8 de setembro os nenos e nenas de Cervo puideron realizar o seu libro ilustrado.

O xoves, 25 de outubro, os alumnos das escolas de infantil de Vimianzo gozaron da música de Rock, mesturada con outros estilos, de Paco Cerdeira “Pakolas”. Cantaron, bailaron e coñeceron moitos instrumentos musicais.


Séguenos