08/10/2018
O venres 5 de outubro, Os Quinquilláns levaron a cabo un obradoiro teatral “A Fábula do Espantallo” no que participaron nenos/as e adultos.




Nun primeiro momento, formáronse os grupos con nenos/as e adultos e repartíronse os papeis (gatos, cans, merliños, xente da aldea, grilos). Logo desenvolveuse a actividade paso a paso, creando unha fábula moi fermosa coa actuación de todos os participantes. Todo foi moi sinxelo para os nenos/as que estiveron moi concentrados e atentos ás indicacións.
Actividade altamente participativa e moi recomendable.
Séguenos