PAKOLAS na Axencia de Lectura de Baio
O venres 22 de xuño, tivemos na Axencia de Lectura de Baio a Pakolas despedindo o curso e dando a benvida ao verán con un concerto ben rockeiro!!

O venres 22 de xuño, tivemos na Axencia de Lectura de Baio a Pakolas despedindo o curso e dando a benvida ao verán con un concerto ben rockeiro!!

Carmiña, A Meiga chegou a Xermade para cantar e contar á natureza. Presentounos á súa corva e compartiu a súa sabedoría entre herbas máxicas, contos e animais fantásticos. Encheu a nosa biblio con fermosos contos extraídos da cultura popular galega e os seus conxuros fixéronnos tremer…



O 19 de Xuño, as nenas e nenos de Zas e Baio desfrutaron dun obradoiro de ilustración sobre María Victoria Moreno da man de Polo Correo do Vento.



Fantástica experiencia para os máis pequenos!!!
A Axencia de Lectura Municipal de Ribas de Sil acolleu o 21 de xuño a actividade “O mago Albert ten moito conto”. A actividade desenvolveuse en dúas partes, na primeira, houbo un obradoiro no que @s nen@s tiveron que realizar sinxelos elementos para crear trucos de maxia e, unha segunda parte na que o mago nos deleitou co seu espectáculo, todo coa colaboración d@s asistentes.


Cara a finais de curso académico, o pasado 19 de xuño e dentro do programa Ler conta moito, programouse desde a biblioteca pública municipal de O Valadouro o proxecto Bibliocanta.
Esta actividade estaba destinada a todos os públicos pero especialmente ao público infantil, onde os rapaces aprenderon e descubriron cancións e coreografías populares.
Involucráronse todos os asistentes e bailaron, cantaron, riron… e con ganas de cantar.
O pasado 9 de xuño, sábado, día chuvioso e gris, ás 18:30 h. xurdía luz, cor e música de mans de Migallas Teatro, co seu espectáculo Canta connosco!, e de innumerables amig@s de todalas idades que se reuniron para unha entrañable conmemoración dentro deste ano do 50 aniversario das bibliotecas de Redondela: a mascota das mesmas, Leolo o Contadelo, cumpría 10 anos de vida.
Un espectáculo dirixido aos nenos e ao público familiar, no que se combinaron as cancións co teatro, e no que gozamos todos


Séguenos