OBRADOIRO EN CELANOVA
Hoxe na Biblioteca de Celanova tivemos un obradoiro chamado A escena contos! nos que os máis cativos tiveron a oportunidade de amosar a súa faceta creativa e poñerse en contacto co mundo do teatro a través dos títeres



Hoxe na Biblioteca de Celanova tivemos un obradoiro chamado A escena contos! nos que os máis cativos tiveron a oportunidade de amosar a súa faceta creativa e poñerse en contacto co mundo do teatro a través dos títeres




Os/as nenos/as de Viana do Bolo contaron o venres 14 pola tarde co contacontos pola igualdade “Rosa non é unha cor”, quee resultou ser moi divertido e educativo para o público asistente
Alguén roubou un valioso manuscrito na biblioteca Infantil e Xuvenil, da Coruña. Afortunadamente temos restos biolóxicos do ladrón. Para descubrilo haberá que extraer ADN das mostras e comparalo cos sospeitosos. No obradoiro resolveron o caso con material de cociña e coñeceron que é a biotécnoloxía.
Manuel Vicente García “Efervescencia” foi o encargado de levar, a cabo este obradoiro de investigación, magníficamente. Os 15 participantes difrutaron e aprenderon como se pode coñecer a ciencia de unha forma distinta.
Levaron a casa as mostras do ADN como proba do experimento.
Se vos fixades, nesta fotografía tedes a pista definitiva de quen é a persoa culpable.

Luís Vallecillo trouxo á ALM de Carnota un divertido repertorio de cancións-conto protagonizadas por personaxes ben coñecidos por todas as nenas e nenos: os tres porquiños, o gato Mimí, a Galiña Azul… Cantamos un conto na Biblioteca? é un espectáculo dinámico e interactivo que conxuga música e literatura.

O pasado 27 de xuño ás 17:30 a biblioteca municipal “Varela Jácome” de Lalín acolleu a actividade “Perder o medo a través da poesía”, dentro do programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia.
A actividade, orientada a nenos e nenas de 3 a 6 anos foi impartida por María Canosa, quen narra dende a perspectiva dunha nena como foi capaz de desfacerse dos seus temores a través da poesía. Así pois, a narradora, mediante a lectura de varios poemas, tratou os diversos medos aos que polo xeral se enfrontan os máis cativos e cativas para que, finalmente, poidan darse conta de que existen moitas razóns para eliminar eses receos.
En Fundación Ferama o pasado día 23 de xuño demos por finalizado o curso 2016/2017 cunha gran festa de despedida onde despois dunha semana de entrega de diplomas, coñecimos os gañadores do concurso “Bo Lector 2017” e gozamos dunha proposta divertida, participativa, amena e sobre todo máxica como é o espectáculo “Madame Bechamel e Signorina Bolognesa “ na Axencia de Lectura.

Madame Bechamel e Signorina Bolognesa na Axencia de Lectura Fundación Ferama
“Madame Bechamel e Signorina Bolognesa “ son dúas cociñeiras aloucadas e un pouco máxicas que cociñaron en colaboración co público, un saboroso bico mentres contaron un conto sobre o amor imposible entre un mago e unha bruxa… ou non tan imposible? Con cancións, xogos e outras sorpresas coas que gozamos e soñamos.

Este obradoiro, dirixido ao alumnado de secundaria do CPI San Vicente, estivo desenvolvido por dous regueifeiros o pasado venres, 23 de xuño, en horario de mañá.
A mocidade puido achegarse, cun toque de humor, ao mundo da disputa oral en verso sobre diversos temas tal como facían de maneira espontánea os nosos antepasados.
Foi unha boa oportunidade para desensolver a axilidade mental, o humor, a improvisación, o enxeño, a mordacidade…
O xoves 22 de xuño Celtia Figueiras tivo unha nova sesión de contos na Biblioteca Municipal de Chantada.
Dentro do ciclo das Estacións en contos, nesta ocasión tróuxonos os contos do verán.






O día 23 de xuño tivo lugar na ALM de Sobrado a celebración de fin de curso con dúas actividades “AS COUSAS PEQUENAS CONTAN” e “BIBLIOCANTA”


Séguenos