07/04/2025
O 4 de abril, ás 17.30 horas desenvolveuse na biblioteca municipal do Grove o espectáculo de narración e monicreques “Os descontacontos” a cargo de Galitoon e dirixido á rapazada a partir de 3 anos.

Un espectáculo para homenaxear a todos os avós e avoas que nos contaban os contos co avó D. Carmelo, que comeza a contar os contos polo final ou non se lembra deles e cada vez que intenta contar un, esquécese do argumento e inventa e argalla personaxes estrañas e cousas inverosímiles… , e co seu inseparable canciño Rús que, coa , axuda do público, conseguía rematar os contos.

Séguenos