O Día das Letras Galegas na B.P.M. El Viejo Pancho de Ribadeo. Sobre nenas e nenos con Charo Pita.
Charo Pita, narradora de contos, visitou a B.P.M. El Viejo Pancho de Ribadeo para celebrar o Día das Letras Galegas. A través de varias narracións de autoría propia, pero tamén doutras autoras e autores, falounos de igualdade. Coa “Mosca tola” aprendemos a voar en liberdade; a través da historia de Elenita, un conto mexicano, vimos que os soños ao igual que as profesións, non entenden de xéneno; co “Cabaliño de mar” aprendemos que na natureza hai papás que poden parir fillas e fillos; con “O Papón” pasamos medo no faiado, e con “Igor” aprendemos que as mulleres e homes “como é debido” non se distinguen polo seu físico, senón polos seus actos. Todas estas historias fixeron as delicias das nosas nenas e nenos que gozaron dunha tarde entre libros para celebrar o 17 de maio.
























Séguenos