Viaxes e cancións dos ratos de Lonxedetodo


Día do libro infantil e xuvenil, celebrámolo ca visita do ratiño Fuco, de Trinke Trinke Teatro, viaxamos e cantamos. Un sesión espectacular


Día do libro infantil e xuvenil, celebrámolo ca visita do ratiño Fuco, de Trinke Trinke Teatro, viaxamos e cantamos. Un sesión espectacular


Coincidindo co día da Narración Oral, celebramos unha sesión de Conta Contos da man de Raquel Méndez de OQO Editora. Podemos decir, que disfrutamos de contos clásicos moi ben contados.
Recibimos a FRAN AMEIXEIRAS de Bandullo Azul que nos trouxo o seu espectáculo “HISTORIAS DUN MUNDO GRANDE” ao que asistiron o alumnado de Infantil e 1º/2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da EEI “A Galeriña” de Nespereira, ademais de varios usuarios da Asociación Aspavi.
En “HISTORIAS DUN MUNDO GRANDE” a cadeliña Becki -desde a súa biblioteca onde pasa tanto tempo lendo e escribindo- coa axuda de Fran Ameixeiras contáronnos historias que Becki foi coñecendo nas súas viaxes polo mundo. Historias de colaboración e de solidariedade entre as persoas que cantamos e bailamos para celebrar o respecto e a felicidade; historias diferentes, de culturas diferentes, de persoas diferentes. E a curiosidade e a empatía por esas outras culturas, esas outras persoas, axudaránnos a mellorar o planeta que habitamos e a facer del un lugar máis pacífico e amoroso.
Desde a Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén – BiblioPazos queremos agradecer ao CPI “Curros Enríquez” de Pazos a cesión dos seus espazos para poder realizar esta actividade. Tamén agradecer a asistencia do alumnado tanto do CPI como da EEI “A Galeriña” de Nespereira e dos usuarios da Asociación ASPAVI.
E, por último, agradecer a Fran Ameixeiras de Bandullo Azul a súa visita a Pazos de Borbén e polo seu estupendo traballo para facernos pasar un boísimo rato na súa compañía e na da cadeliña Becki.
Aquí deixamos unhas imaxes do evento para que vexades o ben que o pasamos.



Hoxe celebramos o día internacional do libro infantil e xuvenil coa visita de Anxo Moure que sempre desperta curiosidade e participación dos nenos e nenas.Mezcla música,narración,baile e xogos para todos
Aparte de contarlles os seus contos de cuidado da natureza ,tamén viaxaron na súa bicicleta cargada de libros e pasarono moi ben tanto os da galiña azul coma os de infantil do colexio de Antas de Ulla.
Crea a túa propia máscara teatral e da vida ao teu personaxe.O sábado 29 de marzo celebramos o día internacional do teatro.
A participación dos nenos asistentes, foi moi estimulante para o seu desarrollo cognitivo e emocional,xa que interactuaron con outros seres podendo adquirir máis confianza en si mesmos.
.






O pasado xoves 2 de xaneiro, a Biblioteca Municipal Segundo Gil Dávila acolleu dentro dentro do programa de +Escénicas un espectáculo cheo de de meigas🧙♀️, pantasmas🧟e bandidos. Da man de Carmen Domech e coa axuda inestimable da Señora Antonia, os asistentes estremeceronse de ledicia escoitando as historias de medo coas que nos agasallaron e pasaron unha mañá de meeeeedoooooooooo


O pasado xoves 26 de decembro, a Biblioteca Municipal Segundo Gil Dávila acolleu un fermoso espectáculo de artes escénicas titulado Lúa quere viaxar… a Marte dentro do programa de +Escénicas
A Xanela do Maxín foi a compañía encargada de estimular ao público que asistiu a esta actividade cun esplendido espectáculo no que a protagonista, a pesar dos atrancos, non renuncia o seu soño de ser astronauta, nunha actividade destinada a fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Carlos Alba, presentou os seus contos tradicionais diante dos nenos de primaria do CEIP Poeta Avelino Díaz de Meira. Foilles rescatando e difundindo historias na que os nenos se involucraron ó cen por cen coa excelente actuación de Carlos que os convida á pasión pola lectura.
Aida Cobas, coa súa sesión de contos, fíxonos pasar un cacho cheo de diversión captando a atención dos nenos de infantil e 1º de primaria do CEIP Avelino Díaz de Meira que se deixaron levar pola imaxinación e a gran interpretación da artista coa seguridade e confianza que mostra enriba do escenario.

O duende Dada cunha presenza moi lograda, entreten os peques cuns contos maxicos sobre os valores, respeto, convivencia, igualdade…. que incentiva os nen@s a ler¡


Séguenos