Forma Teatro chegou á biblioteca Ánxel Casal

O día 22 de xuño Bibliotrasno de choupiña e trasnón estiveron facendo as ledicias dos nenos e nenas que se achegaron a nosa biblioteca cos contos do bosque máxico: primavera, verán, outono, inverno Nadal…

O día 22 de xuño Bibliotrasno de choupiña e trasnón estiveron facendo as ledicias dos nenos e nenas que se achegaron a nosa biblioteca cos contos do bosque máxico: primavera, verán, outono, inverno Nadal…
O día 15, pola tarde, na Biblioteca Camilo Gonsar do Concello de Sarria, unha vez máis os contacontos de Trinketrike sobre os animais e solidariedade fixeron a ledicia dos nenos.
Os nenos coñeceron os contos teatralizados e despertaron o seu interés en certos obxectos
que aportaron os animadores e que eran descoñecidos para eles.

O 15 de xuño tivemos na biblioteca unha visita sorpresa, Babamá chegou para contar historias con cacharrros convertidos en personaxes cos que logo viaxamos e así é o “Babacontos”.

A Asociación os Carballiños o 8 de xuño chegou á biblioteca cun chapeo moi especial, cunha maleta moi divertida, con animais salvaxes e contos vivos cheos de maxia e ilusión para todos os nenos e nenas que se deron cita ese día na nosa biblioteca.

O 1 de xuño os nenos e maiores desfrutaron de tres contos marabillosos acompañados de obxectos, adiviñas, trabalinguas e cancións.

O 18 de maio chegou á biblioteca Ánxel Casal Charo Pita cargada cunha maleta chea de imaxinación e de historias para contar aos nosos pequenos e pequenas oíntes.
Expresión Produccións presentou na Biblioteca Pública de Barbadás “Contos para todos” o día 16 de Maio. Esta foi unha xornada de portas abertas para nenos/as de 5 a 11 anos, unha maneira diferente de celebar as Letras Galegas 2013.
Elefante Elegante presentou o día 15 de Maio ás 11 h. na Biblioteca Pública Municipal de Barbadás “O Aviador”

O día 14 de Maiopolas Letras Galegas Xanela Ocio e Animaición presentou no CEIP Filomena Dato “Mira como cho conto”
Eduvía presentou o día 13 de Maio “Contacontos animaliños” para celebrar as Letras Galegas 2013, no CEIP O Ruxidoiro de A Valenzá.


Séguenos