Teatro Ghazafelhos – Lúa
O luns día 13 de maio, tivemos na axencia de lectura de Meaño a Teatro Ghazafelhos co seu espectáculo Lúa, que fixo a ledicia das persoas asistentes, mestura de obradoiro e obra de teatro, dinámica, participativa.

O luns día 13 de maio, tivemos na axencia de lectura de Meaño a Teatro Ghazafelhos co seu espectáculo Lúa, que fixo a ledicia das persoas asistentes, mestura de obradoiro e obra de teatro, dinámica, participativa.

Seguindo coa progamación do mes dos libros e das letras, na biblioteca de Foz pasamos unha tarde moi animada con Esteban Acuña de Tarabelos e a adaptación do conto popular “O traxe novo do rei”. Unha interpretación con monicreques marabillosa que consigue captar a atención de todo o público asistente.
Tiveches unha vida de novela? Os participantes aprenderon técnicas de narrativa .
Foi dirixido a persoas interesadas en descubrir, preservar e divulgar a historia persoal e/ou familiar.
O actual ritmo de vida e o desapego das xeracións máis novas fai que se perdan os lazos familiares, condenando ás xeracións anteriores o esquecemento. Escribe a túa historia e déixalles o teu legado.
Os recordos familiares son un valioso patrimonio que é preciso conservar e transmitir. O obradoiro pretendeu dotar aos participantes das ferramentas básicas para traballar e difundir este legado, dándolles a coñecer as ferramentas básicas da creación literaria .




Chovía hoxe nas Somozas polo que cambiamos de escenario para emprender con Carmen Domech e Olga Abad unha viaxe no tempo e atoparnos con todas as autoras homenaxeadas no Día das Letras Galegas dende 1963 ata a actualidade, ao través de sombras chinesas, muíños de vento, avións cheos de poesías e un caderno de debuxo sobre a vida e obra de Luísa Villalta.


O mártes, 7 de maio ás 10 da mañá xuntamonos na Axencia de lectura das Somozas con Marta Ortíz para que nos contase e cantase como son as casas onde viven a lúa, a raposa, os grilos, as rás, os ratiños, as cabuxas, as vacas, os paxaros e as cantarinas moscas! E mentras cantabamos e danzabamos coas nosas máns aprendimos que como a nosa casiña…negunha!

Unha grande presentación a cargo de Trécola cunha grande participación dos nenos e nenas que disfrutaron coa sucesión de monstros que lles presentou o “experto” na materia. Moitas risas e
improvisación para unha tarde moi agradable.

A Biblioteca Municipal de Foz, dentro da programación do Mes dos Libros e das Letras, tivo a sorte de contar coa presenza dun lobo moi peculiar que soamentente que
re ser feliz. Miguel Guido coa sua guitarra e a súa voz vainos narrando o proceso de como “lobo feliz” a través dos consellos dos animais do bosque consigue chegar a ese estado de felicidade. A picaraxada de Foz acompañados dos seus familiares pasaron unha mañá moi divertida cantando e ouveando aos catro ventos co grandísimo lobo feliz.
O xogo de Nano, con Raquel Queizás e o obradoiro de técnicas Pop Up de Xogando coas Nubes, formaron parte das actividades do Mes do Libro na Biblioteca de Padrón.

A tarde do luns, 22 de abril comenzamos as conmemoracións polo Día do libro, coa actividade Unha de piratas da compañía Os Carballiños.
Na Biblioteca Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, nenas e nenos viviron unha aventura con monicreques, bailes, cancións da man do neno Manoliño e o seu amigo guitarrista polo mundo dos contos de piratas.
Bailaron e cantaron participando en todalas propuestas que manoliño lles presentaba, conseguindo que os maiores tamen disfrutaran de todo o espectáculo.




Séguenos