O pasado 12 de agosto, na Biblioteca Municipal do Concello do Riós, tivemos o pracer de coñecer a unha ratiña moi especial, Lilí Gruyère. O contacontos teatral “Aventuras na cociña” de Trinketrinke Teatro entusiasmou a todos os asistentes. Mediante cancións e contos, amosounos a importancia de comer axeitadamente e destacou o valor das persoas máis maiores.
O pasado día 6 de agosto, na Biblioteca Municipal do Concello de Riós, recibimos con entusiasmo a Carmen Domech e a súa fascinante maleta ateigada de libros. Houbo intres de sorpresa, sorrisos e intriga. Os cativos que participaron neste contacontos, a través da imaxinación, conseguiron achegarse aos libros dun xeito completamente diferente. Foi toda unha sorte poder gozar desta experiencia.

O pasado 6 de agosto, Caxoto visitou a Axencia de Lectura Municipal de Carnota cos seus “Contos de medo que deixan durmir”, historias cheas de misterio e aventuras, con finais sorprendentes, para aprender a rirnos dos nosos propios medos.
O pasado venres 17 de xullo, dentro das actividades infantís estivais organizadas pola Biblioteca Municipal Casa dos Fraga, os nen@s puideron gozar da contada levada a cabo por Ana, de Cucarandainas, grazas ao programa Ler Conta Moito.
A sesión de aproximadamente unha hora, foi moi divertida e participativa.

Divertidísimo contacontos!!!! no que ademáis trasladou aos asistentes valores como a igualdade, a defensa da natureza e o amor polos libros.

Os contos de Pavís pavós transmiten os valores necesarios para crecer sen dogmatismos nin prexuizos. Contos sobre o racismo, e a homofobia, o machismo e as desigualdades.


Manuel Solla, de Expresión Produccións, ofreceunos todo un espectáculo, non só contando contos se non tamén de maxia. Primeiro fixo unha pequena introdución moi amena, dirixida sobre todo aos pais, de porque é tan importante contarlle contos aos nenos e nenas, e de como hai que tratar os libros.

Moitos libros despregables e moita participación por parte dos nenos e nenas, que estaban encantados de colaborar con Manuel. Houbo moitas risas nun espectáculo moi entretido e divertido.

Para saber más sobre este evento, premer aquí.

O sábado 20 recibimos a Magín Blanco na BPM de O Grilo. Alí levounos as historias de viaxes de “A Nena e o grilo”, da locomotora María Fumaça, ou de “Rosalía pequeniña”. Pero tamén tivemos algunha sorpresa e visita dalgún dos protagonistas das cancións e o público puido pedir algún tema que quería que cantasemos e bailasemos. Toda unha festa entre libros

Recibimos na nosa biblioteca a Montse Rivera que traia unha proposta: que coñeceramos a roupa que empregaban os nosos devanceiros, que a probasemos e incluso que nos levasemos unha fot de recordo



Séguenos