O MAGO TETO NA BIBLIOTECA DA VEIGA




ACTUACION DE TITERES CACHIRULO NA BIBLIOTECA PUBLICA MUNICIPAL DE PONTE CALDELAS.
O martes 21 de agosto as 19:00h tivemos a visita na biblioteca pública municipal de Ponte Caldelas a representación da obra adaptada de Valle Inclán ” A Cabeza Do Dragón”, representada por Titeres Cachirulo. A representación acudiron uns 40 rapaces acompañados por alguns pais que disfrutaron moito coa representacion.
O pasado 11 de agosto a biblioteca municipal “Varela Jácome” de Lalín, dentro do programa “Ler conta moito”, contou coa actuación de Cristina Collazo, quen fixo rir a maiores e pequenas/os a través das súas historias e dos seus xogos. Un espectáculo moi especial que rematou cunha ensinanza fundamental: nós mesmos e mesmas somos o máis marabilloso do mundo.
O pasado mércores a compañía Tarabelos visitounos co seu espectáculo “Fábulas”. Foi unha actividade moi divertida e participativa.



Os rapaces e rapazas de Carballedo pasaron unha tarde moi divertida cos contos da galiña Rosiña…
Día 3 de agosto de 2018 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Chegou agosto e chegaron as festas. E na biblioteca quixemos deixar pegada! Fixémolo xusto antes das festas patronais coa sesión de contos que despertou a nosa creatividade con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
da man de Anxo, de Menos dá unha pedra
o 3 de agosto, ás 12:00 na sala infantil
Costou un pouco facer caso das instruccións, pero finalmente conseguimos obter un resultado digno de enmarcar e colgar na parede.
Os pasos básicos eran: cada dedo cunha cor, mollar un pouco a punta do dedo, secar na esponxa o exceso de pintura, e deixar a nosa pegada no papel,…

Despois de que secara, o que fixemos foi practicar a crear personaxes (gatos, ratos, elefantes, monstros,…); usando un rotulador engadimos detalles coma ollos, orellas, patas,…

Cando practicamos varias veces, pasamos ó tema serio: crear unha escea! Para ela usamos un folio de cores e deixamos voar a imaxinación e valémonos das suxestións: unha piña, un dente de león, unha paisaxe,… E saíron cousas preciosas




Como non seguimos ben as instruccións, e quedaron moi cargados de pintura, os debuxos tivemos que poñelos a secar nunha mesa para podelos levar para a casa.
Pero o máis importante é que descubrimos o valor da nosa pegada e aprendemos a usar os nosos dedos para crear arte.
Este mércores 1 de Agosto ás 11.30 deu comezo a programación das actividades de verán da Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño. A realización da actividade correu a cargo de Marisa Irimia, que fixo desfrutar coas súas historias aos rapaces e rapazas que se achegaron á Biblioteca.
Este ciclo de actividades é una iniciativa do Concello de Salvaterra en colaboración co programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia e ten como obxetivo a dinamización e fomento da lectura.


O domingo 22 Paco Nogueiras instalou o seu estudo de radio nas Pontes. Os nenos e nenas da biblitoeca bailaron ao ritmo das cancións de Radio Bule Bule, participaron nos seus concursos e cantaron con Paco. Pasámolo estupendamente.

O pasado sábado 21 Gloria Mosquera e Diego Maceiras visitaron a nosa biblioteca das Pontes. Cociñáronnos una morea de historias saborosas e musicais que nos prestaron moito. Moitas grazas por agasallarnos cos vosos Contos para un mundo mellor

Moi ben o pasamos o pasado mércores na Axencia de Lectura Municipal de Carnota con Tarabelos e o seu espectáculo “Fábulas”. Utilizando máscaras de animais, o público é en realidade o contador dunha chea historias que falan de raposos intelixentes, ratiños intrépidos, tartarugas lentas pero seguras… e outros moitos personaxes tirados de fábulas de Esopo, Samaniego ou Fedro. Fábulas é unha sesión de contacontos teatralizada na que o público xoga un papel imprescindible. Divertidísima, interactiva e altamente recomendable.



Séguenos