O gato Fazulas na Biblioteca do Carballiño!!
O pasado venres, tivemos o gato Fazulas na Biblio!! Unha tarde moi gatuna da man de Bandullo Azul.
O pasado venres, tivemos o gato Fazulas na Biblio!! Unha tarde moi gatuna da man de Bandullo Azul.

Realizamos un obradoiro tecnolóxico onde as nenas e nenos aprenderon de forma lúdica conceptos básicos de programación, robótica e electrónica. Xogaron e construíron os seus propios robots de “LEGO Mindstorms”, “LEGO Spike”, xogaron con esferas intelixentes “Sphero Mini” e tamén con outros dispositivos electrónicos.
Divertido espectáculo dirixido ao público familiar, no que Nelson Quinteiro nos achega dun xeito moi didáctico a coñecer os tipos de instrumentos da música tradicional. Unha posta en escena moi coidada.

A nosa biblioteca transformouse e nun lugar cheo de maxia e ilusión. Un misterioso personaxe encargouse de guiar aos nenos e nenas de maneira maxistral a atopar os segredos agochados nos andeis.
Nesta viaxe especial, atoparon escenas de fantasía, contos sorprendentes, poesía, música, ciencia… Todo mesturado para ofrecer emoción, misterio e moita diversión.
Os libros converteronse en auténticos tesouros que da man de Frumario O blibliotecario fixeron voar a imaxinación dos participantes.
Porque todo isto, e moito máis, está máis preto do que pensamos: na nosa biblioteca, un lugar onde todo pode acontecer

O venres 29, visitou a nosa biblioteca Charo Pita. Con ela fixemos un repaso ás partes do corpo a través de historias e contos con princesas, bruxas, reis e outros personaxes.



Este luns os nenos e nenas de Parada puideron disfrutar dunha gran función de mans do cociñeiro Antón e da pasteleira Tomasa da compañía Teatro Calavera.
Ao remate da obra puideron degustar un postre saudable de froitas con chocolate, que eles mesmos elaboraron.



Un evento máxico e creativo para nenos qeu combina un mini show de maxia e contos, un obradoiro de globoflexia e unha disco creativa.
Os nenos e nenas disfrutaron dun maravilloso obradoiro de maxia na localidade de Os Peares-Carballedo, no que o mago Oscar Fernandez lles ensinou trucos para iniciación no mundo da maxia.

As/os paticipantes no Campamento de veran do Concello de Irixoa, onte 11 de agosto, construíron divertidos vehículos eléctricos autónomos; deseñaron as súas partes esenciais: chasis, motor, rodas, etc.; por último fixeron unha carreira tola cos deseños.
, e pasarono en grande.


Séguenos