O día 29 de setembro compartimos unha hora entrañable cos contos populares de Ana Manana, O Papón e outros da man dunha excelente profesional. Os papás lembrando a súa nenez e os nenos escoitando, participando e rindo.
A sesión tivo moi boa acollida por todo o público.
O venres 25 de setembro estivo con nós na Biblioteca Municipal de Ordes, Manuel Solla, co seu repertorio de contos titulado “Conto contigo”. Unha vez máis “Tardes de Contos e Lendas” contou coa colaboración entusiasta do público infantil e adulto.

Na tarde do sábado 26 de setembro Ana Hermida contoulles os rapaces de Carballedo diferentes contos sobre igualdade, a través dos cales trasmitio diferentes valores a traves dunha perspectiva dinámicca e lúdica.
Este xoves os rapaces e rapazas asistiron a un obradoiro na biblioteca de Chapela, onde puderon coñecer de primeira man as regras da escrita exipcia, así como moitas curiosidades das costumes e o xeito de vivir desta cultura milenaria.
Con Eugenia Muñoz os rapaces practicaron este xeito complicado de escribir, os misterios das súas regras e códigos, e gravaron os seus nomes en barro.
VER MÁIS NO NOSO BLOG.
O xoves 24 de setembro Leo Leíño visitou a Biblioteca Municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos. Nenos e grandes pasamos unha hora que se fixo moi cortiña xa que a maga mantivo o interés e a sorpresa e cautivou coa súa simpatía a todos os que se achegaron a vela. Esperamos que prepare outros trucos e que en vindeiros anos volva a visitarnos.
Este venres 18 de setembro recibimos na ALM de Os Tilos a unhas repartidoras moi especiais: non traían pizzas, viñan traernos contos como o de Camilo Comilón e unha chea de postres que fixeron as delicias de grandes e pequenos. Contacontos divertido e participativo a cargo de Sarabela Teatro.

O pasado 13 de agosto a Axencia de Lectura Municipal de Carnota acolleu a función “Conto Espress”, de Sarabela Teatro.
O pasado 12 de agosto, na Biblioteca Municipal do Concello do Riós, tivemos o pracer de coñecer a unha ratiña moi especial, Lilí Gruyère. O contacontos teatral “Aventuras na cociña” de Trinketrinke Teatro entusiasmou a todos os asistentes. Mediante cancións e contos, amosounos a importancia de comer axeitadamente e destacou o valor das persoas máis maiores.
O pasado día 6 de agosto, na Biblioteca Municipal do Concello de Riós, recibimos con entusiasmo a Carmen Domech e a súa fascinante maleta ateigada de libros. Houbo intres de sorpresa, sorrisos e intriga. Os cativos que participaron neste contacontos, a través da imaxinación, conseguiron achegarse aos libros dun xeito completamente diferente. Foi toda unha sorte poder gozar desta experiencia.

O pasado 6 de agosto, Caxoto visitou a Axencia de Lectura Municipal de Carnota cos seus “Contos de medo que deixan durmir”, historias cheas de misterio e aventuras, con finais sorprendentes, para aprender a rirnos dos nosos propios medos.


Séguenos