Sarabela Teatro na Axencia de Lectura Municipal de Carnota

O pasado 13 de agosto a Axencia de Lectura Municipal de Carnota acolleu a función “Conto Espress”, de Sarabela Teatro.

O pasado 13 de agosto a Axencia de Lectura Municipal de Carnota acolleu a función “Conto Espress”, de Sarabela Teatro.
O pasado 12 de agosto, na Biblioteca Municipal do Concello do Riós, tivemos o pracer de coñecer a unha ratiña moi especial, Lilí Gruyère. O contacontos teatral “Aventuras na cociña” de Trinketrinke Teatro entusiasmou a todos os asistentes. Mediante cancións e contos, amosounos a importancia de comer axeitadamente e destacou o valor das persoas máis maiores.
O pasado día 6 de agosto, na Biblioteca Municipal do Concello de Riós, recibimos con entusiasmo a Carmen Domech e a súa fascinante maleta ateigada de libros. Houbo intres de sorpresa, sorrisos e intriga. Os cativos que participaron neste contacontos, a través da imaxinación, conseguiron achegarse aos libros dun xeito completamente diferente. Foi toda unha sorte poder gozar desta experiencia.

O pasado 6 de agosto, Caxoto visitou a Axencia de Lectura Municipal de Carnota cos seus “Contos de medo que deixan durmir”, historias cheas de misterio e aventuras, con finais sorprendentes, para aprender a rirnos dos nosos propios medos.

Teatro Calavera recalou en Carnota o pasado 30 de xullo coa función “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”, unha divertida peza de teatro infantil que se complementou cun obradoiro de pasta de azucre.
O pasado venres 31 de xullo, chegaron a axencia de lectura de Santiso as “Aventuras na Cociña”, un contacontos teatralizado con diferentes ingredientes de cociña. Foi unha actividade moi creativa que fomentou a lectura e bos hábitos alimentarios, na que participaron arredor de 35 nenos e nenas.
A Biblioteca de Boqueixón acolleu con expectación a maxia de Leo Leiño para gran delicio dos máis “pequechos”. Os seus trucos de maxia provocaron a admiración e as gañas de participar de todos os alí presentes.

O venres 24 estivo na axencia de lectura de Santiso Leo Leiño, facendo partícipe aos asistentes da súa maxia cómica a través dos contos. Tanto os nenos/as como os adultos foron sorprendidos en todo momento e cada un deles moi ilusionado pola maxia
.

O 23 de xullo o salón de actos do Concello de Carnota acolleu o espectáculo “O traxe novo do rei”, unha divertida adaptación do conto clásico de Anderesen, da man de Tarabelos, que engaiolou a pequenos e a maiores.
O día 22 de xullo tivemos a oportunidade de afondar na polifacética figura do galego Luís Seoane. Crearte Servizos Culturais, mediante imaxes proxectadas e pequenas actividades, permitiulle aos cativos descubrir como a arte forma parte da nosa historia e do noso presente.
O diálogo entre a educadora e os participantes foi esencial para favorecer a creatividade e a interpretación das imaxes artísticas. O obradoiro resultou marabilloso e os nenos e nenas que se achegaron á Biblioteca do Concello de Riós amosaron o seu entusiasmo en todo momento.


Séguenos