ANIMALARIO FANTÁSTICO en Sarria
8 de outubro de 2015
Había unha vez na Biblioteca Pública Municipal… animais inventados!
Dende a loba con Rómulo e Remo, ata o Minotauro e pasando polo Grifo, descubrimos con Luis as lendas que orixinaran estes animais míticos, e mesmo dibuxamos as nosas diversas interpretacións dalgún destes animais fantásticos.
E despois de experimentar… tocou inventar!
Entre lápices, papeis e cores, e coa nosa imaxinación ben disposta, o catálogo de animais fantásticos xurdidos en Sarria resultou fascinante e variadísimo.
Estes recén descobertos animais, naturalmente, agora teñen tamén cada un a súa propia historia…