13/07/2015
Os pasados venres 3 e 10 de xullo realizamos a través do programa Ler Conta Moito unha xincana fotográfica sobre un dos cambadeses de pro máis importantes, Ramón Cabanillas.
A través da fotografía, dous equipos de 14 nen@s en total, percorreron as rúas de Cambados relacionadas coa vida e obra do bardo de Fefiñáns, superando divertidas probas ao tempo de coñecían algo máis deste insigne escritor.
Ao remate, todos recibiron un diploma pola súa participación, desexando volver a repetir pronto esta interesante proposta.
Séguenos