Obradoiro de banda deseñada no Porriño
O martes 13 de maio realizamos na biblioteca do Porriño un obradoiro de banda deseñada impartido por Xosé Tomás. O nome do obradoiro era Coñécete a través dos cuadriños, e a través del pretendíase achegar aos rapaces e rapazas a un medio tan complexo e aglutinador ao público a través da implicación persoal.
Deste xeito, traballamos a creación de guións baseados en historias cotiás, da vida mesma, afondando en valores como as relacións humanas saudables, o respecto na convivencia, así como en aspectos como a creatividade e a imaginación. Tamén abordamos a creación de personaxes e as técnicas para facelo, e traballamos os códigos da banda deseñada: as viñetas, as elipses narrativas, a montaxe de páxinas, os planos cinematográficos, etc. Botando man de obras destacadas do mundo da banda deseñada, exemplificáronse as diversas temáticas ás que se poden facer fronte e como se poden empregar.
Foi unha mañá arredor da banda deseñada, o que fixo as delicias dos rapaces e rapazas que ateigaban a sala de consulta da biblioteca porriñesa.
























Séguenos