Trátase de elaborar un conto a partir de debuxos e frases dos rapaces. Foi bastante amena para os nenos e as personas mayores. A actividade tivo lugar o 15 de xuño dentro de un programa municipal (Xuó da Cultura e das Artes” coa colaboración do programa “ler conta moito” da Xunta.
Tivo lugar o día 22 de xuño na Biblioteca Pública Municipal de Riveira dentro dos Sábados de Xuño na Biblioteca”, incluido no Programa “Xuño da Cultura e das Artes” e coa colaboración de “Ler conta moito da Xunta de Galicia”
Tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal o día 11 de maio dentro do Ciclo ”Sábados de Libro na Biblioteca” e coa colaboración do programa “ler conta moito”

O día 22 de xuño Bibliotrasno de choupiña e trasnón estiveron facendo as ledicias dos nenos e nenas que se achegaron a nosa biblioteca cos contos do bosque máxico: primavera, verán, outono, inverno Nadal…
Na Biblioteca Central Rialeda, sita en Perillo (Oleiros), realizouse o día 22 de abril de 2013, ás 9:15 horas, a actividade denominada “Obradoiro de ilustración” impartida polo ilustrador Xosé Tomás, incluída no programa “Ler conta moito” desenvolto pola Rede de Bibliotecas de Galicia.
Neste obradoiro, Xosé Tomás explicou os procesos para a realización dun libro e diferentes técnicas básicas para ilustrar: Proponlle ao público participante a realización de varias ilustracións a partir de frases ou de sinxelos textos.Unha vez realizadas, vainas comentando e suxerindo novas propostas.
Foi unha actividade excelente con moi boa comunicación entre o ilustrador e os asistentes.

O 15 de xuño tivemos na biblioteca unha visita sorpresa, Babamá chegou para contar historias con cacharrros convertidos en personaxes cos que logo viaxamos e así é o “Babacontos”.

A Asociación os Carballiños o 8 de xuño chegou á biblioteca cun chapeo moi especial, cunha maleta moi divertida, con animais salvaxes e contos vivos cheos de maxia e ilusión para todos os nenos e nenas que se deron cita ese día na nosa biblioteca.
O 14 de xuño na Biblioteca Central de Cangas, Chus Otero deleitounos con tres contos para nenos pequenos.

O 1 de xuño os nenos e maiores desfrutaron de tres contos marabillosos acompañados de obxectos, adiviñas, trabalinguas e cancións.

O 18 de maio chegou á biblioteca Ánxel Casal Charo Pita cargada cunha maleta chea de imaxinación e de historias para contar aos nosos pequenos e pequenas oíntes.


Séguenos