Atrévete a facer o teu propio libro
Obradoiro. Os nenos convírtense en autores do seu propio libro.Fan un album ilustrado e saen co seu propio conto baixo o brazo. Actividade esta que tivo moita aceptación.
Obradoiro. Os nenos convírtense en autores do seu propio libro.Fan un album ilustrado e saen co seu propio conto baixo o brazo. Actividade esta que tivo moita aceptación.
Trémola Teatro estivo o venres 20 de maio na Biblioteca Municipal de Ordes. “A nena que se comía os contos” resultou ser unha historia marabillosa e divertida. O público con ganas de repetir. O grupo magnífico! Facendo biblioteca!


Co gallo do Día das Letras Galegas 2022 organizamos no Concello de Vilanova de Arousa unha actividade a través da cal os máis pequenos puideron sumerxirse no cancioneiro tradicional galego, achegándose ao patrimonio inmaterial da cultura galega.

Pais e nen@s disfrutaron dun espectáculo moi dinámico cargado de humor e cancións e ditos que non deberan perderse nunca!

O contacontos de hoxe na Casa de Cultura de San Pedro foi un exito absoluto. Os nenos das escolas unitarias estiveron encantados de cantar as cancións nas que iban colaborando entre eles e participando a cada momento.

Esta actividade é unha proposta de animación á lectura onde, grazas aos poemas de Florencio Delgado e á técnica dos caligramas cada participante deseñará a sua propia bolsa de tea contribuíndo deste xeito à sensibilización ambiental e á creación de conciencia medioambiental entre os máis novos.

A través dunha técnica artística antiga , as participantes deste obradoiro crearon unhas preciosas figuras, nas que non faltou a alusión á lectura.
![]()

Na biblioteca das Neves festexamos o día das Letras Galegas con Electra unha gran profesional que facilitou o proceso de creación das participantes neste obradoiro de cestería en papel.

Quen fai un cesto, fai un cento é un obradoiro no que as participantes aprenderon a técnica do trenzado, con papeis reciclados, para facer cestos.
Contacontos tradicional contando co libro e a expresividade de Sara.
Poucos elementos pero moi ameno para o pequeno público


O Xoves 19 de maio rematamos a programación con motivo das letras galegas con Magín Blanco e o seu contacontos musical.



Unha actividade moi creativa que tivo lugar na bibioteca do CSC de VIte do Concello de Santiago, na que a través da técnica dos caligramas e dos poemas de Florencio Delgado realizáronse bolsas de Tea e traballallouse a expresión artística. Todos os participantes quedaron moi satisfeitos co resultado


Séguenos