Agasallos en Culleredo
Obradoiro “Agasállate” de Iria Mejuto, realizado na Biblioteca Municipal de Culleredo, en O Burgo, o mércores 14 de xullo. Rapaces encantados coas ideas prácticas e creativas para obsequiar algo feito por eles mesmos. 
Obradoiro “Agasállate” de Iria Mejuto, realizado na Biblioteca Municipal de Culleredo, en O Burgo, o mércores 14 de xullo. Rapaces encantados coas ideas prácticas e creativas para obsequiar algo feito por eles mesmos. 
Os rapaces de Portosín pasárono xenial no día de onte grazas á Asociación Lucense de Tempo Libre (A Nube Animación). Grazas por este bo rato!!

O martes 13 de xullo, na Biblioteca Pública Municipal de A Fonsagrada, festexamos o Día Mundial do Rock con Ramona Órbita. Grazas a ela viaxamos á prehistoria a comer churrasco de mamut, visitamos a Leonardo Da Vinci no Renacemento, achegámonos ao Antigo Exipto cun tal Ramsés que lle cheiran os pés e teletransportámonos a un futuro máis ecolóxico.

Os nosos agradecementos a Pakolas por facernos pasar unha tarde tan divertida.
O venres 9 estivo en Covelo a compañía Animar-T, co seu espectáculo “Onde está o vento”. Contacontos musical para os máis cativos, con monicreques e cancións populares.


O pasado venres, a rapazada miúda de Mugardos disfrutou da música en vivo con Xoán Curiel, animándose ademais a participar con él nunha mañá soleada que permitiu realizar a actividade no exterior.
Hoxe as mozas de Celanova tiveron un primeiro contacto co mundo da dobraxe.
Estamos seguros de que o talento amosado nos vai a deparar gratas sorpresas.
Na mañá do xoves 8 de xullo, tivemos dúas visitas moi especiais na Bilioteca. Elisa e Ían e un público excepcional, o colectivo de “Asfaval”.
Maxia de cerca, sobras chinesas, contos… co que nos divertimos todos.



A historia do frautista de Hamelin non é como nola teñen contado. Así o demostraba, botando man do humor, do xogo ou dos malabares, Mere Clown na Biblioteca Florencio Delgado Guarriarán do Barco


Onte pasamos unha mañá máxica na biblioteca cá visita da maga Leo Leiño e a súa axundante Cris.

Explicáronos todos os segredos do Camiño de Santiago a través de contos e maxia.

Foi unha sesión boísima, pasámolo xenial!


Séguenos