MOC MOC EN COIRÓS
Espectáculo pola igualdade de xénero, os traballos domésticos son cousa tanto de homes e de mulleres.
Hoxe as nenas e nenos de Coirós gozaron con “Circo na Casa”

Espectáculo pola igualdade de xénero, os traballos domésticos son cousa tanto de homes e de mulleres.
Hoxe as nenas e nenos de Coirós gozaron con “Circo na Casa”

Este venres, 16 de xullo, a actividade “Novos lobos” chegou a Portas, un espectáculo de narración oral e monicreques no que transmite aos cativos/as algúns contos da literatura popular pero adaptados para transmitir valores-. O espazo no que sucede a acción é un pequeno refuxio da montaña no que un pastor está coidando das súas ovellas (o público).Os nenos/as de Portas pasaron unha xornada moi divertida onde cantaron, divertíronse e sobre todo aprenderon valores de amistade, empatía, compañerismo, igualdade…
O obradoiro de marionetas de papel con Seisdedos Marionetas foi todo un exito. As pequenas e pequenos conseguiron facer as súas propias marionetas dando renda solta á súa imaxinación e creatividade. Durante esta actividade puideron por en práctica as súas habilidades cumprindo todas as medidas sanitarias, foi un pracer tervos aquí!


O 14 de xullo levouse a cabo a actividade: Experimentos sonoros con electromagnetismo, na biblioteca de Riós en Ourense.
Actividade que despertou moito interese pola temática e pola posibilidade de que os participantes poidesen interactuar entre eles e con Mateo (responsable de levar a cabo esta acción na nosa biblioteca).
MOI INTERESANTE E MOI EDUCATIVA ESTA ACTIVIDADE. PARA REPETIR!!!
Xa pasou por Redondela á Peregrina Máxica! e deixounos unha interesantísima conxunción entre maxia, historia e curiosidades en torno ao Camiño de Santiago.
Bo Camiño, Leo Leiño!
Contacontos musicado sobre unha loba artista, acróbata e equilibrista que atópase no Camiño de Santiago.


O pasado domingo, 11 de Xullo, Xoan Curiel achegou a O Irixo o seu espectáculo “Como montar a túa banda de verán” onde os/as máis pequenos/as e as súas familias, cantaron, bailaron, desfrutaron e aprenderon como montar unha banda músical a que decidiron denominar “Explosión de imaxinación”
Un espectáculo moi divertido, para descubrir os sons e os ritmops musicais.

Pakolas e Laura Cerdeira ofreceron un gran concerto onte á noite na Casa da Cultura. Nen@s e maiores disfrutamos das coreografías e do rock de Pakolas así como os debuxos de Laura! Ao final os nenos e maiores puideron compartir un rato con Pakolas e, en definitiva, pasar unha tarde-noite moi amena.

O gran chef Caxoto animou o mércores 14 de xullo aos pícaros e pícaras do Diververán de Rois, nunha sesión chea de contos, fantasía e música, a través dun menú elaborado con moito xeito. Dous dos ingredientes clave foron a igualdade e o sazón da ruptura de estereotipos de xénero.

Grazas gran chef Caxoto por esta velada única!!

Iria Iglesias e Dani Viéitez ( @estudio gnomo ) presentaron en Sober a súa proposta para una alimentación equilibrada, a través do” Raposo Rufo” e as súas receitas de comida sa e equilibrada. Os creadores involucraron aos nenos e nenas na elaboración de pratos , amosándolles que a cociña pode ser divertida e deliciosa, elaborando receitas que eviten o abuso de azucre e graxas, dándolle importancia aos productos naturais como froitas e verduras.


Séguenos