Agasállate, en Culleredo
Rapaces de Culleredo desfrutaron desta actividade de novo, con Iria Mejuto. Foi na Axencia de Lectura Municipal Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa, Culleredo, o xoves 22 de xullo. Pasárono moi ben reciclando vellas caixas, convertíndoas en agasallos. 










O día 21 de xullo tivo lugar na nosa biblioteca Miguel González Garcés, duas sesións de “Robótica educativa”, levada a cabo por dos magníficos monitores de A Nube Animación. Os nenos crearon tres tipos de robots e manexaron a través de tablets. Saíron encantados.



O día 14 de xullo 9 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos crearon o seu robot coa empresa Átomos. Os rapaces e rapazas pasárono en grande.

Gozamos dun espectáculo de rock infantil para público miúdo no que as protagonistas das cancións son ELAS: nenas, nais, inventoras, heroínas, doutoras, figuras femininas que tratan de poñer en valor a importancia de vivir en igualdade, de historias contadoras de superación de desigualdades, e de loita polo respecto e a liberdade.


Séguenos