Pedro Bugarín na biblioteca municipal de Oroso
O día da biblioteca, visitounos na biblioteca municipal de Oroso o mago Pedro Bugarín co seu Mundo Maxico 3.0. Pasamos unha tarde superdivertida e chea de misterio.

O día da biblioteca, visitounos na biblioteca municipal de Oroso o mago Pedro Bugarín co seu Mundo Maxico 3.0. Pasamos unha tarde superdivertida e chea de misterio.


Na biblioteca de Camariñas tamén o pasamos de medo cos contos de Carmen Domech. Cinco relatos narrados con diferentes técnicas cunha estética impecable, atractiva e orixinal. Creouse unha atmosfera de humor, terror e amor na que os nenos se sumerxiron incondicionalmente. Foi un espectáculo sorprendente.

Xogando con animais a sesión foi tomando forma para concienciar sobre o acoso escolar, actividade moi interesante.
O sábado 27 de outubro estivo na BPM de Catoira Carmen Domech, contando unhas historias terroríficas de man da señora Antonia, unha bruxa moi especial. Foi unha actividade moi entretida, na que Carmen Domech combinou a narración oral coa linguaxe plástica.
Os sábados 20 e 27 de outubro tivemos dúas sesións de contacontos con Celtia figueiras, onde dunha maneira divertida e amena enseñoulles os nen@s a comprender o ciclo da natureza e sentir as estacións na súa plenitude, percibindo cada pequeno cambio, seguindo as súas etapas e poñendo en valor a sabedoría da natureza, que debemos coidar e respectar.
Carmiña e Xustino, uns bibliotecarios un tanto peculiares, decidiron secuestrar a un par de crianzas para encher a súa biblioteca, coma nos vellos tempos, e fóiselles “un pouco” das mans. Meteron a unha manchea de rapaces e rapazas en diferentes libros e agora non os atopan!
A través da maxia mediante
historias, contos e xogos o mago Paco fixonos pasar unha tarde moi divertida na que os nenos e familias participaron activamente.
A Guarda celebrou o Día da Biblioteca o sábado 27 de outubro con Nelson Quinteiro e o seu espectáculo “Pequeno Cabaret Infantil”. Pedrito Mendrugo e a súa pulga Jacinta Florette fixeron as delicias dos nenos, nenas e adultos mediante contos populares presentados dende un punto de vista máis cómico e actual mesturado coa música, baile e cancións.
Unha actividade moi lúdica e divertida que favorece a participación dos asistentes.




Celebramos o Día das Bibliotecas con esta actividade de contos e ciencia. Nita contou contos como “A estrela de Laura” ou “Un globo vermello” e foi intercalando experimentos para que os nenos e nenas, movidos pola curiosidade, se familiaricen coa ciencia de xeito divertido.




Séguenos