O cataventos e outras historias de Vilaxeada no concello de Pantón



A actividade realizouse o 19 de xullo ás 11 horas e a ela asistiron os nenos e nenas dun campamento urbano, con idades comprendidas entre os tres e os sete anos. A realización do espectáculo correu a cargo do mago Javier Muro que a través do teatro e da maxia contou a historia dun neno que quere ser mago e todas as aventuras que lle suceden ata conseguilo.

A actividade gustou moito ao público asistente que participou e gozou co espectáculo.

Marta veu a nosa biblioteca a contarnos uns contos de María Victoria Moreno, pasámolo moi ben escoitando e tamén preguntando e participando na actividade.
Hoxe, os cativos de Celanova e da man do mago Pedro Bugarín, poderon atisbar un pouquiño das artes máxicas grazas o seu obradoiro Obramaxia 2.0.
É toda unha ledicia ver as caras de ilusión dos nosos rapaces.

O domingo 22 Paco Nogueiras instalou o seu estudo de radio nas Pontes. Os nenos e nenas da biblitoeca bailaron ao ritmo das cancións de Radio Bule Bule, participaron nos seus concursos e cantaron con Paco. Pasámolo estupendamente.

O pasado sábado 21 Gloria Mosquera e Diego Maceiras visitaron a nosa biblioteca das Pontes. Cociñáronnos una morea de historias saborosas e musicais que nos prestaron moito. Moitas grazas por agasallarnos cos vosos Contos para un mundo mellor
O día 21 de xullo estivo o Mago Pedro Bugarín no auditorio de Covelo. Unha actividade divertida a través da maxia, que fixo pasar un rato agradable a cativos e maiores


Moi ben o pasamos o pasado mércores na Axencia de Lectura Municipal de Carnota con Tarabelos e o seu espectáculo “Fábulas”. Utilizando máscaras de animais, o público é en realidade o contador dunha chea historias que falan de raposos intelixentes, ratiños intrépidos, tartarugas lentas pero seguras… e outros moitos personaxes tirados de fábulas de Esopo, Samaniego ou Fedro. Fábulas é unha sesión de contacontos teatralizada na que o público xoga un papel imprescindible. Divertidísima, interactiva e altamente recomendable.

O mércores 4 de xullo a contadora Marta Ortiz estivo na nosa biblioteca espertando a imaxinación do público coa súa narración e interpretación.

Así de atentos, estivemos.



Séguenos