Os contos do chupete no Pereiro de Aguiar
A música e os contos son unha combinación perfecta para animar a todos os asistentes. 

A música e os contos son unha combinación perfecta para animar a todos os asistentes. 

O pasado sábado Cris de Caldas estivo na nosa biblioteca cos seus contacontos para bebés. Os asistentes disfrutaron dunha xornada de contos e de cancións tradicionais para os máis pequenos da casa. Unha actividade totalmente recomendable!

A actividade Cantamos un conto? de Luís Vallecillo, chegou á Biblioteca Municipal de Lugo e confirmounos que aos nosos lectores encántanlles os contos e máis cando estes chegan acompañados de música.


O día 27 de xuño na biblioteca de Lourenzá levouse a cabo un obradoiro titulado” radiocontada”, onde os asistentes crearon os seus propios aparellos sonoros para ilustrar sonoramente un conto , e deste xeito a radio dun xeito ameno chegou a Lourenzá a través das voces dos 15 nenos e nenas participantes nesta interesante actividade.
Menos da unha pedra levou a cabo nesta biblioteca a actividade “Autores con pegada” na que os nenos poideron ilustrar cos seus dedos debuxos .

O xoves, 28 de xuño tivemos na biblioteca municipal Sagrada Familia o pracer de contar con Patricia de “O Faiado de Nin” que impartiu un obradoiro de deseño de mochilas para os nosos lectores e lectoras máis novo/as.
Patricia amosoulles os diferentes materiais que podían empregar, ao mesmo que tempo que lles mostraba exemplos para alimentarlles a imaxinación. O resultado final foron uns orixinais deseños e os participantes marcharon encantados coas súas mochilas cheas de libros.


CARTEL

OS NENOS E NENAS DE DO P.A.I. DE TORDOIA O 28 DE XUÑO CON EDUVIA
Onte, 28 de xuño, tivemos ao Mago Richard na Biblioteca Fórum Metropolitano da Coruña con Maxia # Lab, un espectáculo interactivo no que fixemos un percorrido pola historia da ciencia, e no que nos demostrou que maxia e ciencia poden ir da man.



O venres despedimos as actividades de inverno do Centro Sociocultural do concello de Bóveda con risas, maxia, música e a compañía de dous grandes profesionais do clown e a animación infantil e o seu espectáculo A biblioteca máxica. Foi unha experiencia sensorial muy agradable.



Séguenos