Raquel Queizás na Biblioteca de Viveiro

Raquel Queizás na Biblioteca de Viveiro

Raquel Queizás en Viveiro

Raquel Queizás na Biblioteca de Viveiro

Raquel Queizás en Viveiro
O luns 25 tivemos unha bibliodiscoteca para empezar as vacacións
de verán. 




O alumnado do CEIP Xosé Luis Taboada da Barrela disfrutou unha sesión de contos e un obradoiro de cociña creativa o mércores 20…elaboraron un “rato” que despois comeron gustosamente….¡qué rico!
O venres 22 de xuño, tivemos na Axencia de Lectura de Baio a Pakolas despedindo o curso e dando a benvida ao verán con un concerto ben rockeiro!!

Carmiña, A Meiga chegou a Xermade para cantar e contar á natureza. Presentounos á súa corva e compartiu a súa sabedoría entre herbas máxicas, contos e animais fantásticos. Encheu a nosa biblio con fermosos contos extraídos da cultura popular galega e os seus conxuros fixéronnos tremer…



O 19 de Xuño, as nenas e nenos de Zas e Baio desfrutaron dun obradoiro de ilustración sobre María Victoria Moreno da man de Polo Correo do Vento.



Fantástica experiencia para os máis pequenos!!!
A Axencia de Lectura Municipal de Ribas de Sil acolleu o 21 de xuño a actividade “O mago Albert ten moito conto”. A actividade desenvolveuse en dúas partes, na primeira, houbo un obradoiro no que @s nen@s tiveron que realizar sinxelos elementos para crear trucos de maxia e, unha segunda parte na que o mago nos deleitou co seu espectáculo, todo coa colaboración d@s asistentes.



Séguenos