27/09/2018
O mércores, 26 de setembro e dentro da programación de Ler conta moito, asistimos a un obradoiro impartido por Patricia Núñez de “O Faiado de Nin” que nos encantou a todas e todos.
Patricia falounos un pouco da biblioteca e da importancia de levar libros en préstamo polo que se nos parecía ben ibamos a deseñar unha mochila personalizada para levar os libros da biblio á casa e de volta.
Asi que primeiro os nenos fixeron un deseño de como querían que fóra a súa mochila dos libros da biblio, e nubes, libros, letras e grafittis maravillosos comenzaron a saír das súas mans e plasmáronse na tea, para seguidamente debuxar e recortar teas, pegar e adornar con rotuladores, estrelas, frores, cintas e pompóns.
Queradon unhas mochilas preciosas que esperamos ver cada día na biblioteca.

Grupo

Séguenos