SARABELA TEATRO E O SEU CONTO EXPRESS NO COLEXIO PÚBLICO DE MACEDA
Co motivo do gallo do día das Letras Galegas, os nenos do colexio público de Maceda pasaron un rato divertido con Sarabela Teatro e o seu Conto Express.
Co motivo do gallo do día das Letras Galegas, os nenos do colexio público de Maceda pasaron un rato divertido con Sarabela Teatro e o seu Conto Express.
Adentrámonos nas profundidades do mar da man de Ciencia en ruta.

Acompáñannos Julio Verne, Sanjurjo Badía, Arquímides…..sumerxímonos no mundo do submarinos.

Por qué flotan os corpos?…..o mellor é experimentar nos mesmos…
Mans á obra, construiremos o noso propio submarino.
Foi realmente xenial, nunca a ciencia foi tan divertida….
A Galiña Azul e Cía estiveron en Ribadumia da man de Cris de Caldas.
@
s nen@s, e público familiar en xeral, disfrutaron das narracións desta actriz.
A vida e Obra do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas (Carlos Casares) da man de Cris de Caldas, fixo as delicias dos máis cativos creando un ambiente de místico a vez que divertido, captando a súa atención ata extremos insospeitables en nen@s tan cativos.
A guinda puxeronna os nenos protagonistas ao interpretar a obra a Galiña azul.

O pasado día 16, tivemos na biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo, o espectáculo “As maxias máis máxicas de todas as maxias. A maxia de Carlos Casares”, a cargo de Martín Camiña. A través da maxia, Martín fixo un repaso polos libros de Casares.

O pasado venres día 19 realizamos na biblioteca de Milladoiro“O gran xogo sobre as Letras Galegas” con Eduvía.
Foi unha actividade onde os nenos participaron moi activamente e gozaron cos xogos propostos, que consistían en que cada grupo tiña que ir pasando distintas probas e gañando “minipuntos”.
Migallas actuou o dia 5 de maio na biblioteca do CPI de Xanceda, e o dia 11 de maio estiveron na biblioteca da EEI de Visantoña.



Día das Letras Galegas con homenaxe a Carlos Casares, un entretido conto ilustrado da man de “Polo coreo do vento” coa actividade “Os xoguetes de Clío”, misturando relato con debuxo e facendo pasticipes os nenos, unha moi divertida forma de aprender xogando.
O escritor Xesús Manuel Valcárcel estivo este xoves en San Sadurniño para impartir unha charla na Casa da Cultura sobre Carlos Casares, o autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas. A charla non chegou a celebrarse por falla de asistentes, pero tivemos tempo de conversar con el un bo anaco para que nos contase cal é, desde o seu punto de vista, a verdadeira dimensión do escritor e activista cultural. Valcárcel -quen tratou persoalmente a Casares- teno claro: “é unha figura fundamental da Cultura galega”.
Xesús Manuel Valcárcel (Lugo, 1955) trabou amizade con Carlos Casares a raíz da súa actividade literaria. De feito, foi Galaxia quen publicou a maior parte da obra narrativa de Valcárcel até o momento publicouse na etapa en que a editorial estaba dirixida por Casares. “Fun amigo persoal del ata o seu pasamento. A relación que eu tiven con el foi de autor-editor, publicou moitos libros meus e mantiven sempre con el unha relación de amizade”, explica Valcárcel.
Unha relación de amizade e de contacto cultural que lle dán unha certa perspectiva e autoridade para analizar o que foi Casares como “unha figura fundamental” dada a súa polivalencia. “Foi escritor, foi tradutor e foi un activista cultural… e como director de Galaxia desenvolveu unha actividade fundamental para a proxección da Cultura galega”. Cómpre lembrar que Casares recolleu o legado de Ramón Piñeiro -o seu grande mentor desde os anos mozos- á fronte dunha editorial que el se encargaría de modernizar.

Nado en 1941, o Carlos Casares escritor “é fillo das circunstancias do seu tempo”, marcadas polos conflitos dos anos 60 e tamén pola ruputra social e cultural que se produciu a finais da década, cun Casares en Santiago alentando os estertores do Franquismo e a brisa que chegaba suave e aos poucos de acontecementos como o Maio do 68 ou as protestas contra a guerra do Vietnam na outra banda do Atlántico.
Comezou a escribir como adolescente de seminario e, xa en Compostela, arranca coa narrativa tras uns escarceos iniciais coa poesía. Faino experimentando e influído, coma outros e outras da súa xeración, polos movementos socioculturais e políticos que marcaban a época. “El tamén é fillo das teorías que inflúen aos autores da súa xeración: o existencialismo, o marxismo e autores fundamentais como Faulkner, Kafka ou Hemingway e o movemento Nouveau roman francés. El e outros autores van producir unha grande renovación na novela, o que se coñece como Nova Narrativa Galega.”
Porén, o autor pasa rápido da experimentación a atopar un estilo propio, sinxelo e directo. “A partir de 1975 -despois de Xoguetes para un tempo prohibido– el pasa a novelas non tan innovadoras pero con máis densidade dos personaxes”. Valcárcel cita, entre elas, Deus sentado nun sillón azul, Ilustrísima, ou O sol do verán (obra que vería a luz tralo seu pasamento) para sinalar que, a diferenza da etapa anterior, “os personaxes están moito mellor trazados, teñen maior profundidade psicolóxica”.
Segundo Xesús Manuel Valcárcel, outra das facetas fundamentais de Casares é a de columnista. A súa columna Á marxe converteríase en diaria en La Voz de Galicia desde 1992 até 2002. Milleiros de textos breves escritos “desde unha posición de observador consistente en identificarse coas persoas do común”. MIcrorrelatos ou “nanorrelatos” cun innegable valor normalizador do idioma: “Á marxe era o único texto en galego que moita xente lía ao longo do día na prensa diaria”. Alén diso, tamén era o referente para unha lexión de seguidores e seguidoras que ían directamente á procura de Casares tan pronto como abrían o xornal.1.
Fonte: (César Galdo ). http://sansadurnino.gal/xesus-manuel-valcarcel-casares-e-unha-figura-fundamental-da-cultura-galega/
O xoves 18 os nenos que viñeron a biblioteca gozaron realizando un retrato de Carlos Casares. Representaron símbolos e imaxes da obra do autor: a galiña azul, Lolo e a súa bicicleta, laranxas moi laranxas… Entre os debuxos colocaron o nome do autor, para finalizar xogando cos adultos para que adiviñasen de quen se trataba.

Dentro dos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, os alumnos de 4º de ESO do CPI Xosé Pichel, en Coristanco, disfrutaron o pasado día 15 dun ameno e divertido obradoiro de improvisación en verso. Un excelente traballo que, sen dúbida, axudará a manter unha das tradicións máis populares da nosa comarca: a regueifa.



Séguenos