Contacontos “Cantaruxa Catuxa” na Axencia de Lectura Municipal de Touro
Este xoves día 15 de maio, e con motivo do Día das Letras Galegas, puidemos desfrutar na biblioteca do espéctaculo Cantaruxa Catuxa. Da man de Aida, descubrimos o valor das cantigas e da labor das cantareiras para deixar en nós un fermoso legado que, nas súas palabras, temos que “cultivar” e coidar para seguir transmitindo a nosa cultura de xeración en xeración. Sen dúbida, un contacontos que deixou pegada na cativada pero tamén nas persoas adultas que presenciamos a mesma!

ler conta moito


















Séguenos