“Pés de lobo” con Anxo Moure o día das Bibliotecas e a Ciclobiblioteca na Biblioteca!

Aínda con moita choiva no exterior, acollemos os contos para reflexionar sobre a natureza de Anxo Moure con “Pés de Lobo”. Fastástico!!!


Aínda con moita choiva no exterior, acollemos os contos para reflexionar sobre a natureza de Anxo Moure con “Pés de Lobo”. Fastástico!!!


As máis cativas e cativos do lugar achegaronse a Casa da cultura para desfrutar do Brinca Vai! Pasárono en grande!
Onte, veunos visitar con unha maleta chea de contos, Ana Meilán.
Contounos moitas historias divertidas, que nos fixeron viaxar polo mundo de fantasía.
Contos cheos de color e aventuras…….

Onte, 24 de outubro, desenvolveuse na biblioteca de Dodro, o obradoiro creativo “Animalario Fantástico” a cargo de Crearte Servizos Culturais.

Partindo de narracións sobre animais mitolòxicos e fantásticos, os participantes, inspirados polo Animalario universal do Profesor Revillod, crearon o seu propio animal imaxinario, combinando diferentes partes de animais, describindo onde vive, que comen….Foi todo un exito!

Para conmemorar o Día da Biblioteca chegou á Axencia de Lectura Municipal de Bóveda Antía Yáñez coa súa actividade “As rescatadoras”.

As rapazas e rapaces de 2º e 3º ciclo de primaria do Ceip Rosalía de Castro disfrutaron coma nunca do espazo da Biblioteca Municipal neste divertido xogo de pistas e atoparon o tesouro

Onte 24 de outubro, día das bibliotecas, pudemos disfrutar en Meaño do espectáculo Fazulas e o Ladrón de Palabras, un espectáculo que mestura a música os titeres e a axuda do público contando as aventuras do gato Fazulas e a súa tristeza por mor do vento e a traves desta historia mergullamonso na curiosidade infantil e tratando temas de sensibilización ante conflictos.


O mago Pedro Bugarín fixo as delicias de nenos/as e maiores nas dependencias da Biblioteca de Ribadumia.
Humor e maxia proporcionaron co gallo do Dia Internacional da Bibliotecas, un día de maxia e humor.
Preto de 60 persoas participaron no espectáculo
Para festexar o día da bibliotecas invitamos a Raquel Queizás a pasar a tarde para votar unha contada do seu espectáculo “A orixe”, a verdade que o pasamos moi ben ensinandonos instrumentos musicais e contando historias do país de orixe de eses instrumentos.




Onte celebramos o Día da Biblioteca cun obradoiro de elaboración de cartas e tarxetas postais a partir de historias e contos que mostraron os diferentes tipos de comunicación.
Estas foron introducidas nos libros do fondo infantil da biblioteca para que as persoas lectoras as reciban como sorpresa.



Seguindo coas actividades da Semana da Biblioteca, Barafunda trouxo a súa arte coa obra “Pepiña Maruxiña quere voar” a salceda de Caselas.
Cun auditorio cheo de rapaces e rapazas que disfrutaron da mestura de música , globos, espuma…descubriron como maruxiña aprende a voar coa axuda de diferentes insectos.

Tarde entretida para os nenos,nenas e familias de Salceda de Caselas


Séguenos