Contacontos en Santiso
Para celebrar o día da Biblioteca, tivemos en Santiso o conto de Aitana e a avoa, e outros contos violetas, onde os cativos aprenderon unha chea de contos e disfrutaron da xornada con moito entretemento.

Para celebrar o día da Biblioteca, tivemos en Santiso o conto de Aitana e a avoa, e outros contos violetas, onde os cativos aprenderon unha chea de contos e disfrutaron da xornada con moito entretemento.

O pasado xoves 17 de setembro visitounos Fran Campos de “Bandullo Azul” co seu espectáculo “Flipa cos contos”.
Disfrutamos un montón cas súas cancións e as historias da súa amiga Filipa.


Onte, 24 de outubro, na Biblioteca de Cenlle recibimos unha visita moooi especial para celebrar o Día das Bibliotecas.
Convidamo ás nenas, nenos e profes do CEIP Carme García Carrasco a disfrutar deste día na nosa biblioteca coa compaña do ratiño Fuco da Compañía de Teatro Trinketrinke e a súa obra Caracol namorado.

Tanto cativ@s como maiores disfrutamos coa obra e co acordeón do rato Fuco.
Biblioteca Pública Municipal de Nigrán.
O mércores 23 de outubro, 18:00 h, tivemos: Na túa man, deRaquel Queizás.

Onte celebramos o Día das bibliotecas con Juste Kamishibai, Papel e Teátro, en grande!! A sala a rebosar, xa non cabía un alfinete!! Seguindo un eixo central das historias e a personaxe do Libro das emocións para nenos e nenas da autora Gemma Lienas. Sutiles técnicas empregadas, como despregables Pop-Up e o teátro en papel, provocaron a atención e a conexión dos nenos e neas dos pais e nais asistentes. Gracias a tod@s e feliz Día das Bibliotecas!!

O martes 22 de outubro tivemos con nós a Narcí Rodríguez con “O son das palabras”. Un obradoiro onde, a través das palabras, nos ensinou beatbox instrumentalizando onomatopeas, o son do helicóptero, das gotas da chuvia, da cremalleira, das ras, dos patos…
Despois de aprender algo de técnica, acabamos cun conto ao que puxemos efectos de son.
Foi unha actividade moi divertida e diferente. Pasámolo fenomenal tanto os nenos como os maiores.



O 24 de outubro é unha data moi especial para as bibliotecas. Porque estamos de celebración e queremos que todas as persoas participen do espírito do Día das Bibliotecas, unha efeméride que este ano destaca o papel fundamental que desempeñan todas as bibliotecas na construción dunha sociedade mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras.



Moi ben o pasamos con Don Fascículo!, porque como el di… Todo está nos libros! E así foi como axudamos a Xoel e Sabela na casa dos libros, mesturando adiviñas e bailes!

Para conmemorar o día da Biblioteca, tivemos en Monterroso á contacontos Cris de Caldas co conto A bibliotecaria estrafalaria 2.0”, onde @s asistentes gozaron e participaron activamente cos contos de esta bibliotecaria chamada Candelaria.
Espectáculo de maxia, para todos os públicos, realizado polo mago Oscar Fernández no Salón de actos da Casa da Cultura do Vicedo con temática do Samaín.



Séguenos