O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa na Biblioteca de Betanzos
Tarde de ledicia e cociña na Biblioteca de Betanzos. Os nenos/as disfrutaron co contacontos e as receitas de Antón e Tomasa
Tarde de ledicia e cociña na Biblioteca de Betanzos. Os nenos/as disfrutaron co contacontos e as receitas de Antón e Tomasa
O domingo 19 de abril e para rematar coas nosas actividades no programa Ler Conta Moito 2015 visitáronnos Alvaro Muras e Martín Camiña co seu espectáculo “MaxicoSons, unha aventura entre libros “.
Esta vez enchemos o salón con público familiar que gozou dunha actividade que mestura música e maxia dun xeito lúdico e ameno e que conta coa participación dos nen@s para achegalos ao mundo da lectura.
Unha sesión divertida con dous grandes profesionais .
O sábado 18 de abril a Axencia de Lectura de San Vicente acolleu o espectáculo O traxe novo do Rei a cargo de Tarabelos Teatro.
Esteban Acuña representou este contacontos ilustrado con monicreques de boca, monicreques de mesa e miniaturas.
Unha posta en escena de gran calidade na que tanto o decorado como os monicreques e miniaturas foron elaborados polo propio Esteban.
Fantástica mañá de sábado no que, non só os máis pequenos, se non tamén os maiores que os acompañaron puideron pasar unha mañá de lecer disfrutando deste magnífico espectáculo.
O xoves 16 de abril visitou a Biblioteca de Caldas de Reis a agrupación Tarabelos Teatro que provocou gargalladas nun grupo de nenos e maiores que gozaron co conto clásico pero ao mesmo tempo tan actual “O traxe novo do rei” .

As monitoras explicaronlle dous experimentos, pasaron hora e medio como se fosen pequenos newtons
Os cativos divertíronse escoitando as emocionantes aventuras deste curioso pirata narradas polo grupo teatral “Polo Correo do Vento” e reparando nas simpáticas ilustracións que lles ían amosando, e ó final eles mesmos debuxaron un pirata segundo as sinxelas explicacións que lles ían dando.
O pasado sábado, 11 de abril, ás 17.30 horas, a Cía.ELEFANTE ELEGANTE deleitounos a todos coa súa obra Lobo Bobo.
GonÇalo Guerreiro mistura os contos de sempre para crear unha historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música.
Os nen@s de Burela disfrutaron dun espectáculo interactivo, onde as marionetas cobran vida nas casas que se van construindo diante dos ollos dos espectadores á medida que se narran as novas aventuras dos personaxes dos clásicos infantis.
Cunha moi boa participación de nenos e maiores se desenvolveu a actividade AVENTURAS NA COCIÑA, o pasado mércores 15 de abril na BPM do Vicedo. Unha sucesión de contacontos, cociña, música e diversión encheu case unha hora de actividade moi satisfactoria para todos
O xoves 16 de abril Carmen Domech estivo na axencia de lectura Municipal de Meaño para deleitarnos co seu repertorio e contos como o mostruo peludo e a vaca que non despertaba e libros fantásticos que fixeron as ledicias dos cativos, xa que algúns botaban lume, outros auga, e outros falaban.


Séguenos